CHEGA A CONFERENCIA MAI da LNB. Vídeos presentación de TROITAS e MADIA LEVA

0
538

A Conferencia Mai comeza a temporada 2019-2020 en Castroverde o domingo 15 de setembro. O horario matutino será unha condicionante maior para certos equipos que teñen por costume reunirse a noite anterior ata altas horas da madrugada para preparar a táctica a empregar. Veremos a quen beneficia este inicio en horario de misa dominical.

 

 

En canto ás novidades para esta nova andaina, diremos como máis destacable que Billarda Verde reforzouse para dar un salto de calidade e, nunha decisión intelixente, uniuse con Polka Miseria. Intelixente porque, a temporada pasada, se sumásemos os ptos acadados polos dous equipos (BVE 597 e POL 416) chegarían aos 1013 ptos, cifra que só superaron BMU 1019 e CAR 1016. Daquela, este ano haberá que contar con el@s.

Por outra beira, xa temos as primeiras mensaxes audiovisuais que gravaron Troitas Bravas e Madia Leva. O poder de intimidación destes documentos… pois, que podemos dicir? Vós mesmas, vós mesmos xulgade.

 

Troitas Bravas

Xente lista coma un allo,
teñen a pel impermeable,
e tamén está un tal Navallo.

 

 


Madia Leva

 

É un equipo guerrilheiro

que mete a bilharda no varal

case que no golpe primeiro.

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome