CHARRI primeiro líder da LNB RIAS BAIXAS. Juanchi primeira vitoria LNB

0
214

As billardas voar voaron e Charri confirmou os prognósticos que o situaban como o xogador máis en forma despois de levantarse o estado de alarma. Por outra beira, Juanchi, o Bruce de Pontesampaio, por fin, acadou a súa primeira vitoria LNB.

A temperatura na sauna de Salcedo fixo que o rendemento de moitas xogadoras e moitos estivera por debaixo do seu potencial. Non obstante, houbo dous xogadores aos que as condicións de radiación solar e calor ambiental beneficiaron. Juanchi, o roqueiro de Pontesampaio, habituado ao calor dos focos dos escenarios foi de menos a… ao triunfo e á gloria. Ganou a xornada con golpes espectacular na fase de cruces. Inscribe o seu nome no ALFA da LNB como ganador dunha xornada. O outro beneficiado polas temperaturas elevadas e o po desértico do campo de Salcedo foi O mexicano, Charri. Pleno de ptos na fase de grupos e só por detrás de Juanchi no golpe de desempate da final. Longas travesías polo deserto de Sonora sen auga e alimentándose de cactus forxaron un Charri resistente ás penalidades. Nin as almorranas acabaron con el. Viva México! En féminas foi primeira María Caride, segunda Adriana e terceira Elena. En Infantil, ganou Abel, seguido de Lúa e Antía.

En equipos Corredoiras foi primeiro, segundo LÚA e terceiro Campo da Feira. As ausencias de Ricar, Bego e Lito nin se notaron, e agora ábrese un debate no equipo bicampión LNB. Debe Charri ser o número 1 do equipo e Fari o 2 ou terán que seguir á sombra de Ricar e Bego? Lúa de Forza estivo a 4 puntiños da vitoria. O regreso de Marisa e de Chicho notouse e moito. Chicho forneceu de ptos ao equipo e Marisa de soporte psicolóxico e anímico. Campo da Feira situouse na terceira praza do podio con dúas grandes actuacións dos Ponte que acadaron 20 cada un. O equipo de Paiosaco aproveito a picada de Gharaboto para chegar ao podio da xornada. Ghataboto botou moito en falta a Luís Camiña e o seu eficaz manexo da sala de máquinas do equipo. Cando el non está a anarquía apodérase do xogo marinense. Valpaços contou coa extraordinaria actuación de Adriana para superar a Rinoceronte e Laxe de Rons. Os Rino nos respiran ben coas máscaras e iso nótase. Ademais, o Che…roceiro non estivo preciso nin brutal no golpeo como outras veces e o equipo afociñou. Laxe de Rons non tivo boas sensacións desde que chegaron ao campo Gerardo e Martín. Moito calor e por enriba tocoulles xogar no campo que non tiña nin un milímetro cadrado de sombra. Vaia, a sombra estaba na saída e os do Grove, cun sentido pragmático da vida, deixáronse estar na saída golpe tras golpe, seica había máis fresquiño. Finalmente, debemos suliñar a presenza de Landras coa camiseta de Filloas de Sangue da Coruña. O talibán da dieta vexetalandra obtivo 21 puntazos e estaba descontento… “atravésanseme os cruces, non fago boa dixestión coas eliminatorias”, afirmaba Landras ao rematar a xornada. Así queda a clasificación individual.

 

Aqui quedan algunhas imaxes da tarde de billarda en Salcedo.

 

 

Estas son as actas

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome