CASO TROITAS

0
290
     Os feitos sucédense con acompasada cadencia e non somos quen de encontrar o momento para analizar a importancia de cada un deles. Onte semellaba que a nova do Parlamento de Galicia sobre a billarda eclipsaría a actualidade dos vindeiros días e semanas na LNB, mais, xa temos aquí o vídeo documental sobre a actuación de varios integrantes de Troitas Bravas na FinaLNB 2019. Actuacións estrañas, raras, anómalas e que precisan unha fonda reflexión. 
     -Primeiro tema a debate, que utilizou Sachas como apoio para facer os seus varados na final? 
     -Segundo, e non menos banal, é de orixe románica a fala da Pontenova? 




     Despois de ver o vídeo entenderedes o sentido destas dúas preguntas. 






Agora, queda aberto o foro de debate. 
 
 
    Que pretende significar Ramón co seu Booool! e Noé co seu Vórrrraaaa!? 
 
    Acaso, é un problema de vocalización ou unha dificultade de desprazamento da lingua para moverse baixo o padal sen obtruír a entrada de aire nos pulmóns?
 
     Segundo as declaracións dos interesados é un asunto de hixiene persoal. Noé afirma que “hai que lavar ben as orellas por fóra e por dentro”. Ramón é máis cauto e di “quizais a terra do campo que levantou o vento obstruíu o conduto auditivo de moitas persoas”. 




   Por outra beira, os medios de comunicación  comezan a facerse eco da nova parlamentaria de instar ao goberno galego a que recoñeza a billarda como modalidade deportiva. Agora queda que a Xunta actúe en consecuencia. Unanimidade de diputadas e diputados na aprobación da proposta presentada polo Grupo parlamentario do BNG coa enmenda do PP (creación dunha federación de deportes autóctonos).



 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome