CASO BALBINO

0
166

Xosé Neira Vilas, (GresVila de Cruces3 de novembro de 1928– GresVila de Cruces, de novembro de 2015)

       Aquí abaixo aparece o parágrafo de Memorias dun Neno Labrego (1961) onde Balbino di que xogou á billarda na eira. 
       

       Na obra o autor pretendía contar como era o estilo de vida nos anos corenta dun rapaz labrego de doce ou trece anos nunha aldea galega, concretamente da comarca de Deza, na aldea de Gres, en Vila de Cruces. O protagonista é Balbino, un neno da aldea, que ten que se bater coa pobreza e as inxustizas da sociedade galega de xacando.



       O libro foi escrito no segundo semestre de 1960, e antes de o editar Neira Vilas deullo a ler a Rafael Dieste. Foi publicado pola editorial Follas Novas, que Neira Vilas fundara xunto á súa muller Anisia. Saíu do prelo o 5 de xaneiro de 1961, con cuberta de Luís Seoane. O libro foi moi ben acollido na diáspora galega e enviáronse a Galiza algúns centos de exemplares que foron divulgados tamén con boa acollida. En maio de 1968, coincidindo co Día das Letras Galegas, saíu a segunda edición con Ediciós do Castro, con ilustracións de Isaac Díaz Pardo e prólogo de Xesús Alonso Montero. En 1981 saíu a décima edición, cun novo prólogo En 2005 saíu a vixésimo quinta edición en galego, co prólogo actualizado de novo. En 2011, co gallo do 50 aniversario da obra, saíu publicado por Editorial Galaxia. A mesma casa tirou do prelo unha nova edición en maio de 2015 na colección Neira Vilas.

       Ben, despois de poñernos en situación, afirmamos con rotundidade que o CASO BALBINO vai ser máis mediático que o caso Neymar, xa que varios equipos pretenden a súa fichaxe. Despois de descubrir que o neno xoga á billarda, un equipo da Terra Chá afirma ter asinado un precontrato co rapaz. Mais, desde a Conferencia Rías Baixas aparecen outros documentos que tamén compromenten ao rapaz de Vila de Cruces a xogar na Conferencia pontevedresa, xa que lle corresponde por residencia. En todo caso, quedan días por diante ata que se cerre o mercado de fichaxes. Daquela, todo é posible na LNB. 

Foto de BALBINO co logo da LNB RÍAS BIAXAS que se vai empezar a vender nas librarías, cando a Conferencia tramite todos os documentos do novo xogador LNB.


Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome