CAMPO DE BILLARDA EN PONTEVEDRA

0
105
Despois da inauguración do primeiro campo de billarda do mundo, xa está aquí o segundo. Será na parroquia pontevedresa de Salcedo, máis en concreto no lugar de Cabanas. O concello de Pontevedra imita ao seu concello veciño de Poio e decide preparar un terreo para campo de billarda.        
       O valor da billarda está en ser o deporte tradicional galego con máis practicantes na actualidade, e a importancia da LNB é que axudou a conseguir resucitar este xogo que estaba esquecido. A LNB actuou como axente de normalización da súa práctica. Agora vemos que este esforzo está florecendo nas decisións de institucións públicas, que sensibles co patrimonio cultural e lúdico do noso país preparan terreos de práctica da billarda. Fantástico!
       Ao mesmo tempo, desde a LNB deberíase planificar unha actuación estratéxica de introdución da práctica da billarda nos centros educativos. Que nenos e nenas aprendan a xogar á billarda na escola fará medrar o número de practicantes e garantirá o futuro deste xogo marabilloso.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome