BREVE HISTORIA DE 10 ANOS DE BILLARDA

0
168
  
No outono de 2003 empezou todo…
Actualmente
a LNB é un colectivo que está composto por asociacións culturais e
deportivas, así como por equipos de billarda. O fin principal destas
persoas é o de normalizar a práctica da billarda en todo o
territorio galego, para o cal organiza unha liga anual (Liga Nacional
de Billarda), e máis Torneos Abertos de Billarda (TAB). Outro dos
fins é que a billarda sexa considerada unha modalidade deportiva.
Esta
iniciativa ten as súas raíces nas comarcas da Mariña Oriental e
CentraL, concretamente nos concellos de Lourenzá e Barreiros. No
outono do ano 2003, un grupo de persoas que estaban sensibilizadas
ante o perigo de desaparición dun xogo milenario como o da billarda
deciden organizar o primeiro TAB da historia. Chamouse Torneo do
Lacón. Naquel momento foron unha ducia de persoas as que disfrutaron
dese acontecemento histórico. Durante o 2003 organizáronse 2 TAB,
no 2004 foron 5 TAB, e no 2005 chegaron a ser 8. En total, foron 15
TAB, durante os cales se foi xestando a idea de convertir a billarda
nun deporte de competición. 
 
Definitivamente,
creouse a Liga Nacional de Billarda. O 16 de outubro de 2005
celébrase a 1ª xornada na parroquia de Santo Adrao (Lourenzá-Lugo).
Para competir na LNB elaborouse un regulamento que foi froito de
adaptar os diferentes xeitos de xogar. Ao mesmo tempo, considerouse
que a billarda tiña un potencial enorme para convertirse nun deporte
atractivo para homes e mulleres de calquera idade. Entón creouse un
sistema de competición que permitía xogar a un numero indeterminado
de competidores nun terreo de xogo delimitado e cun material dunhas
dimensións concretas. Este regulamento e sistema de competición foi
evolucionando ata dar no sistema actual. 
 
Feitos
salientables para o nacemento da LNB
O
primeiro foi a creación de ovaral.blogspot.com, o 17 decembro 2004.
Este foi o paso definitivo para todo o que aconteceu despois, xa que
a partir de aquí o resto do planeta terra coñeceu a existencia dun
grupo de persoas da Mariña que estaban organizando TAB, e
posteriormente cando empezou a disputarse a LNB, este blog foi a
referencia do desenvolvemento dela. Ao mesmo tempo, empezou a
xestarse a idea dunha liga, que posteriormente nacería co nome que
actualmente ten de LNB. O segundo fito foi a constitución de O Varal
como asociación cultural e deportiva a principios do 2005. Isto foi
fundamental para o nacemento da LNB. 

Estas son as primeiras fotos aparecidas no blog do VARAL

Miguel dos “fungueiros” de lourenzá prepárase para efectuar golpexo.

Ismael coa gorra branca olla o inicio de carreira do “caimanero” urbano de Ribadeo.
 
Feitos
salientables para a consolidación da LNB
Unha
das sementes que axudaron ao espallamento da LNB encontrámola no 12
de xuño de 2005, cando aínda a LNB era unicamente unha intención.
Foi a celebración dun TAB fóra dos límites das Mariñas por
primeira vez. Chamouse naquel momento Torneo O Varal, que
posteriormente adquiriu o seu nome actual O Xerro do Salnés. Foi en
Xil (Meaño) e pasados uns anos esta semente convertiríase na
Conferencia SUR (finais de 2008). Outro feito salientable foi a
cebración do primeiro All Stars o 26 de marzo de 2006 en A Coruña.
Este acontecemento dou pé a que nacese a segunda das conferencias, a
Conferencia NOROESTE (finais de 2007). Tamén é destacable a disputa
da I Copa Cantábrica o 24 de setembro de 2006, pois este TAB síguese
celebrando a día de hoxe (2013) e contribúe á difusión da LNB no
país asturiano. Sen dúbida, foi un elemento clave para a
consolidación da LNB o premio que recibiu a ACD O VARAL da Xunta de
Galicia, como mellor iniciativa do deporte tradicional 2006-2007.
A
partir destes feitos relevantes a LNB espallouse por todo o
territorio seguindo un modelo de conferencias. Así, a conferencia
nai é a CONFERENCIA NORLESTE (2005), despois naceu a CONFERENCIA
NOROESTE (2007), CONFERENCIA SUR (2008), CONFERENCIA CENTRO (2009),
CONFERENCIA BEZOUQUEIRA (2010), CONFERENCIA RÍAS BAIXAS (2011). Na
actualidade existe 5 conferencias que delimitan un territorio
xeográfico onde desenvolven a súa competición anual. 
 
CONFERENCIA
NORLESTE
AS MARIÑAS ORIENTAL-CENTRAL-OCC – MEIRA- TERRA CHÁ –
LUGO
CONFERENCIA
NOROESTE
A CORUÑA – ORDES
CONFERENCIA
SUR
VIGO – O MORRAZO – O CONDADO
CONFERENCIA
CENTRO
SANTIAGO -ORDES
CONFERENCIA
RÍAS BAIXAS
O SALNÉS – PONTEVEDRA – O MORRAZO
A
LNB dispútase desde setembro ata maio. Cada conferencia ten unha
competición propia cun número de xornadas que se establece antes do
comezo. Así, ao final da liga hai uns campións e campioas de
conferencia. Na competición existen as categorías absoluta,
feminina, infantil, equipos e varados. O último domingo de maio
celébrase o PLAY-OFF NACIONAL en Compostela. A este acuden os
mellores e as mellores clasificados de cada conferencia en cada unha
das categorías para decidir os campions e campioas da LNB. 
Hai unha
evidente evolución da participación na LNB:
2005-2006       
29 participantes
2006-2007       
35
participantes
2007-2008       
87
participantes
2008-2009      262 participantes
2009-2010      444 participantes
2010-2011      383 participantes
2011-2012      367 participantes
2012-2013      482 participantes
Cada
conferencia ten un blog ao cal sube información sobre os resultados
e os calendarios, así como fotos e vídeos da súa competición. A
organización da competición en cada conferencia corre a cargo dos
representantes dos equipos que participan na mesma. A un tempo as
conferencias están en contacto unhas con outras para organizar os
TAB fóra da Liga regular, entre os que destacan o XERRO DO SALNÉS,
o ALL STARS, A COPA CANTÁBRICA, e tamén para organizar o PLAY-OFF
NACIONAL.
En definitiva, grazas a todos e todas as que durante estes 10 anos contribuíron a que a billarda sexa máis coñecida e practica que fai un decenio.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome