LNB 15ª xor. NOROESTE “O VER emitiu o seu veredicto”

0
210
       O comité de competición da LNB xa liberou os documentos audiovisuais da xornada de Orro. De novo, a tecnoloxía VER (Varal Electrónico) implantada de modo experimental na Conferencia Noroeste, resolveu xogadas que doutro xeito darían lugar a discusións interminables. Xa se coñecía o sinal luminoso co cal o VER certifica a entrada da billarda no varal, pero non tiveramos ocasión de ver o sinal que indica que a billarda sae por fóra das varas. Poderedes comprobar no golpe de Añón como o VER identifica cun sinal inconfundible que a billarda de Ambroa foise fóra. 
          O varado de Collazo foi legal, segundo se aprecia nas imaxes, e o cordel da liña de varal que parou a billarda de Edu estaba estirado e tensado a 27 newtons de forza, conforme ás medidas establecidas no regulamento LNB de pesos e medidas. Daquela, a reclamación de Cochikeiros, no caso do varado de Collazo, queda desestimada e a reclamación de Edu, tamén. Neste último caso, ábreselle expediente informativo a EGASA por certos comentarios que fixo despois da xogada: “roubáronme, roubáronme!! 

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome