Primeira intervención do VEL (Varal Electrónico) na LNB

0
193

      A Conferencia Noroeste foi a elixida para probar o novo sistema de varais electrónicos (VEL) que vai eliminar a incerteza de certas billardas que pasan moi altas e próximas a unha das varas do varal. No documento audiovisual enviado por EGASA, o mellor reporteiro deportivo da billarda do mundo, vese o arrepiante destello de luz que emite este aparello demoníaco, pero insobornable e infalible. 
      A billarda de Kevin subiu por enriba das longas varas do varal e o árbitro, Xulio Ponte, dubidou, a pesar de estar ben situado, pero a difícil decisión que tiña que tomar non foi tal, xa que, o destello intenso do varal deixou ben ás claras que a billarda do xogador de APB entrara entre as varas. 
      A partir deste día, hai un antes e un despois para a LNB. O Noroeste, sempre na vangarda das novas tecnoloxías, quere contribuir a que as persoas que arbitren non se xoguen o físico e a saúde cardíaca, cando algunha xogada dubidosa provoque as protestas alporizadas dalgún xogador ou xogadora que se considere ofendid@. 

       

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome