FINAL LNB 2018 continúa a análise.

0
190

Análise
da Categoría Varados

Da
Conferencia Norleste participarán Santi, Markytos, Charly, Regueiro,
Pepe Outerio, Daniel e Tomás. Tres campións nacionais nesta
categoría, Daniel, Regueiro e Markytos. Ademais de Santi, Charly,
Pepe Outeiro e Tomás cun brazo para golpear a billarda e lanzala a
máis de 50 metros, calquera deles pode ser o campión.

Na
Conferencia Noroeste son Collazo, Xulio e Juan Carlos os finalistas.
Collazo e Juan Carlos teñen potencial para ser campións. Cremos que
Xulio fixo a maior parte dos seus varados en pavillón, daquela vai
ser difícil que poida acadar os 50 metros sobre a terra do
Castiñeiriño.

Esta
temporada xogáronse máis xornadas en pavillón ca anterior, na
Conferencia Rías Baixas, entón hai algún finalista que cremos non
ten nada que facer nesta final máis que mazar o brazo e sobrecargar
a musculatura. Así, Charri colouse entre os finalistas pola súa boa
actuación en pavillóns, pero en terra vai ter moitas dificultades
para alcanzar os 50 metros. Entre os demais hai dous campións
nacionais desta categoría, Xan Rodiño e Che, e os clásicos
aspirantes Ricar, Piru e Salva. Calquera deles pode proclamarse
campión nacional 2018. Por outra beira están os novos finalistas
Cho, Papi e Bego, quen teñen potencial para alcanzar os 50 metros.
Finalmente está Juanma que vai ter moi difícil alcanzar os 50
metros, pois a súa potencia non está desenvolvida ao máximo. Temos
que pensar que é un neno de 15 anos e a pesar de ter unha técnica
de golpeo magnífica os seus golpes non poden alcanzar os 50 metros
en terra.


De todos os
xeitos, como o sistema de competición permite situar o varal a 40
metros se se mantén o empate despois de dúas quendas de 5 golpes,
calquera podería facer varado nesta distancia. O que pasa é que
para chegar a esa quenda final de desempate antes haberá que superar
os 40 metros, polo menos unha vez en cada unha das dúas primeiras
quendas, todos os demais que non o consigan quedarán eliminados.
Análise
da Categoría Equipos

O total de
puntos que pode conseguir un equipo é 120 ptos, pois ben, se
analizamos as puntuacións dos últimos dous anos, nos que se
competiu do mesmo xeito que se vai facer este ano, diremos que quen
acade a mitade dos ptos (60) vai ter o título no peto. En canto a
quen ocupará o podio, fixemos unha análise simplemente estatísticas
considerando o potencial de cada equipo como a suma do posto de cada
un dos xogadores na clasificación xeral. Despois, dividimos esta
suma polo número de participantes totais da Conferencia á que
pertence cada equipo. Canto máis baixo foi o resultado desta
operación, consideramos que máis probabilidades terá o equipo de
estar entre os mellores.
De todos os xeitos, as estatísticas non reflicten a realidade, xa que os equipos do Norleste, que aparecen no posto 6, 7 e 8 tiveron que botar man de xogadores que participaron moi pouco, mais que son de moi alto nivel se competisen habitualmente. Temos os casos de José María (Billardeiros), Javi Morán (Carabullo) e Tonecho (Chaínzos-Cadaval). Daquela, quen vaia apostar a ganador na porra da LNB que teña en conta todos estes factores. 
 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome