VÍDEO TITORIAL para saber xogar en calquera terreo

0
201
     Agora que o inverno obriga, ás veces, a xogar en campos demasiado afectados pola irrigación natural ou en pavillóns con teitos demasiado baixos para as parábolas das billardas, agora que o frío se mete nas articulacións e non deixa golpear con xeito as billardas, agora que o cambio de exterior a interior pode supoñer unha catarreira incómoda, A. C. Lucerna de Cerceda ensínanos, neste vídeo, como facer fronte a calquera tipo de superficie de xogo. Fantásticas as palabras mestras do patriarca Gende: “Para ser unha estrela da billarda hai que saber xoghar en todos os campos”. Todo adobado cos acordes demoledores de ZËNZAR.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome