TODOLNB fala con… Miguel Cancela Iglesias

0
319

 

       Un dos froitos do magnífico traballo de fomento da práctica da billarda que se leva realizando na Conferencia Noroeste desde o 2007 é Miguel Cancela Iglesias. Este neno do século XXI coñeceu a billarda do xeito máis natural posible, como se facía tradicionalmente para transmitir o patrimonio lúdico galego, de xeito parental. Foi seu pai, Juan Carlos Cancela, quen lle ensinou a xogar. Foi súa nai, Cruz Iglesias, quen se incorporou á LNB para que Miguel se sentise acompañado nos desprazamentos por toda a provincia. En definitiva, foi súa familia quen o estimulou para que incorporara a billarda ao seu grupo de actividades cotiás.

 

        Podemos contemplar, na primeira acta na que aparece o seu nome, como a organización inflou a puntuación final de Miguel. Semella que foran sumados os puntos por EGASA, ao mesmo tempo que atendía ao whatsApp, ao Facebook, ao Instagram, e que sacaba fotos.
       Tamén é certo que desde un principio Miguel tivo que seguir un proceso normal de incorporación a un dos equipos máis potentes da LNB, Campo da Feira. Así, nas primeiras xornadas disputadas, o equipo non lle proporcionou equipación. Miguel tivo que demostrar o seu compromiso con adestramentos diarios, e ata que o seu xogo non alcanzou o nivel óptimo para defender as cores de Paiosaco ao longo de todo o país, non vestiu a “Cordobesa“.
        Despois desa fase inicial de disciplina e evolución psicobiolóxica, o neno de Soandres logrou a equipación de Campo da Feira en propiedade. Desde ese momento, os seus resultados foron mellorando de xeito meteórico, senón, astronómico. Chegou a competir no Día das Estrelas 2018 en Poio (Pontevedra), onde subiu ao podio na categoría infantil. A súa dedicación, interese, ilusión e excelente técnica de golpeo fan del un dos grandes talentos infantís da LNB.  Actualmente, encabeza a Categoría Infantil na Conferencia Noroeste.

 

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome