ECO do Día das Estrelas da Billarda

0
236

    Aínda se escoita o eco dos golpes de palán contra billarda na Pontenova e xa están aquí a xornadas 15 da Conferencia Noroeste e a 14 da Conferencia Rías Baixas. Temos os últimos documentos audiovisuais do Día das Estrelas 2019 da Pontenova.

     

Ademais, da magnífica vitoria de Viqueira no concurso de Tripas, do estratosférico varado de Muriego e a súa vitoria no concurso de Varados e do triunfo de Xan Rodiño no Aberto das Estrelas, quen asistiu ao Día das Estrelas LNB 2019 puido contemplar o nacemento dunha Estrela da Billarda, ou mellor dito, o nacemento dun Raio verde. Un neno de Dorrón (Sanxenxo) de 6 anos de idade, Xián de Rexenxo, xa mostrara o seu potencial na Conferencia Rías Baixas, conseguindo chegar ao cruce de semifinais nunha xornada xogada en pavillón. Mais, o que ninguén esperaba era que nunha superficie de 50 metros e de herba artificial fora quen de conseguir os resultados que conseguiu. No concurso de triplas meteu 4 billardas de 5 posibles e foi ao desempate polo segundo e terceiro posto. No concurso de varados, evidentemente, non tivo moito que facer, non obstante, no Aberto quedou entre os 20 primeiros postos dun total de 83 participantes.