TODOLNB fala con… MANU de Armadiña

0
187
       Un dos novos talentos da LNB, que chegou do banco natural de beiramar da Seca, é Manu. O xogador de Armadiña confirmou esa progresión que se lle supoñía, acadando o triunfo na 2ª xornada da Conferencia Rías Baixas celebrada en Moscoso (Pazos de Borbén). Deste xeito, escribe o seu nome no Alboio da Fama da LNB como ganador dunha xornada. Os seus números son os dun xogador novel, pois, aínda non van alá 2 anos desde a súa estrea como palanador LNB.

       O que si nos queda meridiano, desde que empezou a xogar no formato LNB, é que a ledicia que experimenta é tan intensa que só faltou a unha xornada, e con moito pesar para el. A satisfacción que sente formando parte do colectivo da billarda fai que priorice ir xogar que outras moitas actividades que poderían comprometelo. Ademais, a partir de agora xa entra na elite daqueles xogadores que teñen laureis no seu palmarés. A onde chegarán os seus éxitos deportivos?

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome