CRÓNICA FIN DE SEMANA NOROESTE e RÍAS BAIXAS

0
174
CONFERENCIA NOROESTE

   
 A xornada do LESLIE foi trasladada ao pavillón dos Cambóns (Cambre). Estas xornadas en pavillón sempre teñen unha alta espectación, pois as superficies rápidas de 40 metros poden supoñer grandes sorpresas. Desta vez, entre @s xogador@s do G-10, só Gándara tivo unha mañá pouco afortunada (11 ptos). Suliñar que 13 xogadores e 1 xogadora chegaron ou superaron os 20 ptos, o que significa que o 42% dos participantes obtiveron puntuacións excelentes. 

         Sorprendente foi a actuación de Miguel Cancela (9 anos), quen fixo 21 ptos. Ademais, chegou a semifinais, onde foi derrotado por Ismael por 2 ptos a 1 pto. O nivel na categoría infantil da Conferencia Noroeste fai que esta temporada presenten varios candidatos ao Título Nacional: Abel, Marc, Miklos e Miguel Cancela poden traer por vez primeira para ao Noroeste un Título Nacional. Deberán superar a Manu Caldeiro (da Norleste e o principal favorito para o Título) e a Óscar Caldas (Rías Baixas), outro dos serios candidatos.
         

DANIEL BIL 27
JUAN CARLOS FEI 26
COLLAZO FEI 26
XULIO FEI 25
LUÍS MATO MAC 25
LOIS FONTÁN FIL 24
ENRIQUE FEI 24
LITO MAC 23
GENI BIL 23
FERNANDO MAC 23
EDUARDO FEI 22
ISMAEL CAR 22
MIGUEL INF FEI 21
ELADIO FEI 20

     

       A participación estivo na media da Conferencia. Tres participantes proviñan da Conferencia Norleste: Daniel e Geni de Billardeiros Musicais e Ismael de Carabullo. Tiveron unha moi destacada actuación, xa que, Ismael subiu ao podio absoluto e Geni ganou a Categoría Feminina. Semella que aos de Lugo non lles afecta o Atlántico. 

        Un documento AUDIOVISUAL arrepiante foi captado por EGASA, o xefe dos servizos de comunicación do NOROESTE. Non volo perdades !  Se Matias Prats marcou o camiño para a narración radiofónica moderna, Edu García está facendo os regos para a futura retransmisión en directo da LNB para o mundo. 
       Despois desta xornada, podemos confirmar que o Título vai estar disputado ata o final, cousa que non sucedía desde hai moito tempo, debido ao dominio de Collazo. Agora, Juan Carlos está ao seu nivel e veremos se é quen de manter a regularidade necesaria. Xulio Ponte e Edu son dúas alternativas que non están lonxe dos dous anteriores. Podemos considerar sorpresa que Lois Fontán, Merche e Enrique ocupen posicións tan elevadas, se nos atemos aos seus resultados da temporada pasada. non obstante, son palanadores que teñen suficiente capacidade para entrar nas prazas de finalista LNB. Todo está en manter a regularidade durante 18 xornadas. 

ABSOLUTA EQU TOT
JUAN CARLOS FEI 78
COLLAZO FEI 77
XULIO FEI 64
EDUARDO FEI 61
LOIS FONTÁN FIL 60
GÁNDARA FIL 60
MERCHE APB 58
ENRIQUE FEI 56
AÑÓN FEI 53
COTELO APB 53
CHARLY VARELA FEI 53
ANDRADE FIL 45
LITO MAC 45
MIGUEL INF FEI 44
KEVIN APB 43
MIKLOS INF FIL 43
ROI APB 42
ELADIO FEI 42
     A Categoría Infantil cambiou de líder e agora ponse moi emocionante. Miguel encabeza a clasificación por vez primeira na súa curta carreira deportiva. O de Soandres supera a Miklos por un ptos, e as ausencias de Abel e Marc, déixanos a máis de 10 ptos, ao primeiro e a 20 ao segundo. Sendo realistas, os favoritos seguen sendo Abel, Marc e Miklos, por esta orde, debido á súa idade e ao tempo que levan xogando.

INFANTIL Equipo Total
MIGUEL FEI 44
MIKLOS FIL 43
ABEL FEI 33
MARC FEI 24
CARMELA MAC 15
ÓSCAR GARCÍA MAC 7
LUCAS FEI 5
JUAN MAC 7
ADAHI FEI 5
       A Categoría de Equipos non ten moita historia. Unha xornada máis Campo da Feira conseguíu a vitoria. Por fin MAC tivo unha fantástica actuación. O equipo de Malpica-Cerceda despertara moita espectación ao principio de temporada, pois a unión dos dous equipos semellaba ser unha alianza estratéxica para romper o monopolio de Paiosaco. Mais, a realidade é que deberán loitar ata o final por optar a esa segunda praza que dá dereito á Final LNB. APB está notando as baixas e as novas incorporacións aínda non renden ao cen por cen. Por outra beira, estase formando unha competencia estupenda entre os tres equipos que buscan a segunda praza. En 20 ptos están os tres. 

EQUIPOS TOTAL
CAMPO DA FEIRA PAIOSACO FEI 306
FILLOAS DE SANGUE A CORUÑA FIL 215
MALPICA-COCHIQUEIROS MALPICA MAC 204
APB SANTA MARTA A LARACHA APB 195
MIGUEL CANCELA IGLESIAS -CAMPO DA FEIRA-

FERNANDO -MALPICA-COCHIQUEIROS- (novo xogador)
CONFERENCIA RÍAS BAIXAS
       A primeira xornada disputada en pavillón trouxo unha chea de marcas históricas para a LNB. Fixéronse 52 varados e foron 28 xogador@s os que os fixeron.  Cho dominou a xornada e fíxose cunha vitoria que o sitúa no G-5 e con serias opcións de loitar polo podio. Sabíase do potencial do de Combarro, pero a temporada pasada faltoulle regularidade. Pensamos que se sabe administrar ben as xornadas malas e non está por debaixo dos 10 ptos nestas, vai ser unha alternativa de garantías. Cris continúa coa súa progresión e xa se sitúa a 4 ptos de entrar no G-10. Carolo tamén tivo unha destacada actuación e entrou no G-10.  

ABSOLUTA Total
JUANMA LÚA 100
LUÍS PIRU GHA 95
RICAR COR 93
XAN RODIÑO LÚA 83
CHO ARM 82
CHE RIN 65
RICARDO LOIS LAX 65
LUÍS CAMIÑA GHA 65
FARI COR 62
CAROLO LÚA 60
MANU ARM 58
CRIS RIN 56
ADRIANA VAL 54
MARTÍN LAX 51
TAXEIRO VAL 51
ALBERTE RIN 50
DANIEL RIN 50
CHICHO LÚA 49
ELENA SABARÍS ARM 49
CHICHÍ LAX 49
SUSO GHA 48
BEGOÑA COR 47
ADRI COR 44
CHARRI COR 43
LUÍS GON GHA 42

       A única sorpresa entre o G-10, por conseguir unha baixa puntuación, foi a do Coroceiro Che, que só sumou 12 ptos cando os seus adversarios para o Título fóronse por enriba dos 20 ptos. Confírmase que Juanma está preparado para loitar polo título e que Piru está mantendo a regularidade que non tivo en temporadas anteriores e que sempre lle impediu coroarse co Campionato de Liga. Ricar é un valor seguro e está cerca deles dous. Depois, xa hai un espazo de 10 ptos con relación a Xan e Cho. Este último foi o ganador da xornada e presenta a súa candidatura para o podio, e quen sabe se para o Título. 
CARMEN PAZOS   Valpaços Terra Quente

CHARRI Corredoiras
       Na Categoría Feminina, Belmira renaceu do seu mal comezo de temporada e ganou a xornada. Agora, a clasificación queda máis apretada, xa que, Bego continúa coa súa recuperación e xa está a só 7 ptos da líder, Adriana. Elena Sabarís mantivo o tipo e continúa segunda. Estas tres distanciáronse un pouco das outras 3 candidatas ao podio, Chefa, Elena Glez e Lu. Entre estas 6 estará o podio e o Título. 
       

FEMININA Total
1 ADRIANA VAL 54
2 ELENA SABARÍS ARM 49
3 BEGO COR 47
4 CHEFA COR 36
5 ELENA GLEZ GHA 36
6 LU LÚA 36
7 BELMIRA VAL 29
8 TANIA VAL 28
9 INÉS GHA 28
10 ANA GHA 26
11 ZAIRA VAL 23
12 MARÍA MARTÍNEZ GHA 22
13 GENI BIL 20
14 MARISA LÚA 17
15 MÓNICA GHA 16
16 YAIZA INF VAL 16
17 CASILDA GHA 15
18 MARGA PUENTE GHA 12
19 LITA LAX 12
20 ALICIA VAL 9

ADRIANA Valpaços Terra Quente

LAU Armadiña

        En equipos producíuse, se cadra, a maior sorpresa, non só por ganar a xornada LÚA DE FORZA, que sempre é un posible candidato, senón porque a súa fantástica puntuación coincidiu con puntuacións normais, para o seu potencial, de GHARABOTO e, sobre todo, de CORREDOIRAS. Deste xeito, o equipo de Sanxenxo sitúase a 2 ptos do Bicampión Nacional. Algo impensable ao comezo de temporada. O equipo de Marín está moi cerca destes dous. Pensamos que esta situación é algo simplemente temporal, pois non cremos que estes dous equipos poidan manter o ritmo que sen dúbida marcará Corredoiras, mais… a realidade é o presente e… a emoción volveu.

Equipo Total
1 CORREDOIRAS BUEU 310
2 LÚA DE FORZA SANXENXO 308
3 GHARABOTO MARÍN 291
4 ARMADIÑA POIO 254
5 RINOCERONTE PONTEVEDRA 229
6 VALPAÇOS TERRA QUENTE VIGO 222
7 LAXE DE RONS O GROVE 217
8 ANDARELA MEAÑO 9
     
       En equipos femininos, o actual Campión Valpaços veu reducida a súa distancia con Gharaboto, a única escadra que pensamos lle pode discutir o Título ao equipo de Vigo. Así, vistas as catro primeiras xornadas pode ser que este ano as féminas de Armadiña poida loitar polo podio, veremos como se comportan en campos exteriores. Corredoiras co cadro de xogadoras mínimo para puntuar (4) está limitado no caso que algunha xogadora teña unha mala xornada, aínda así, haberá que contar con elas para o podio. 

EQUIPOS FEMININOS Total
1 VALPAÇOS TERRA QUENTE VIGO 146
2 GHARABOTO MARÍN 128
3 CORREDOIRAS BUEU 97
5 ARMADIÑA POIO 83
4 LÚA DE FORZA SANXENXO 54
6 LAXE DE RONS O GROVE 12
ALICIA Valpaços Terra Quente

MANOLO FARIÑA Gharaboto
GELÍN Gharaboto

MARÍA GOLO Corredoiras

GERARDO TORRES Laxe de Rons
CHICHÍ Laxe de Rons

HUGO Gharaboto

JM CAMIÑA Lúa de Forza

YOLI Valpaços Terra Quente

RIAL Armadiña

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome