TODOLNB fala co… CHEroceiro

0
198

 

 

       O seu aspecto de fraile agocha un corazón de sabana africana. O Rinoceronte CHE xogara de neno á billarda, pero co seu traslado á cidade (Pontevedra), aquel xogo quedou no esquecemento. Non obstante, o que ben se aprende… ás veces, recupérase de xeito doado do salgadoiro dos recordos. Isto sucedeulle a Andrés Garrido, o CHE. Na súa primeira temporada na LNB xogou soamente as tres últimas xornadas. Ao ano seguinte, os seus resultados só foron regulares, pero xa se lle vía un golpeo moi particular, un deses golpeos que chaman a atención e que fan pensar en grandes éxitos deportivos. Como el confirma, o seu tremendo golpeo ten a fortaleza no acerto, pois alcanza unha distancia que cremos, a día de hoxe, ningún outro palanador pode superar. Tamén, este supersónico golpeo ten a debilidade no fallo, xa que, ten unha porcentaxe de golpeo ao aire demasiado elevado para o seu nivel. Na súa terceira temporada dou o salto definitivo para ocupar o G-10 da Conferencia Rías Baixas, onde se mantén ata a actualidade.

 

 

       O potencial que se lle supoñía mostrouno, por vez primeira, na Final LNB 2016, na que conseguiu o Título Nacional na Categoría de Varados. Dous anos despois, alcanzou o cume máis elevado da LNB, conseguíu vestir a COROZA NACIONAL. Nunha tarde espléndida de maio, ocultou as debilidades do seu xogo e mostrou unha regularidade inesperada e invencible. Na actualidade CHE está no G-5 histórico de Títulos da LNB. Só cinco xogadores son posuidores do Título Absoluto e do Título en Varados e Che é un deles. Nas outras dúas Clasificacións, Varados e Xornadas de Liga, ocupa postos relevantes. En definitiva, un dos grandes da LNB e, pola súa idade, está destinado a grandes metas deportivas.
        Despois de facerlle a entrevista ao Coroceiro de Moscoso, xa coas cámaras apagadas, os focos enfriando e os nervios esquecidos, atrevémonos a preguntarlle pola barba. Isto foi o que comentou en charla informal e que resume un estilo de vida e de xogo:
— Segundo a cábala a barba non debe ser sequera recortada, débeselle permitir que creza libremente. Por que? Cabalisticamente, o noso aspecto físico externo é un reflexo da nosa realidade espiritual. As mans representan a nosa capacidade de dar e recibir. Os pés simbolizan a forza de progresar. Que representa a barba? Unha das loitas máis grandes da vida é vivir de acordo cos nosos ideais. Moitos de nós sabemos o que é correcto nas nosas mentes, pero resúltanos difícil trasladar estes coñecementos ás nosas vidas diarias. A miúdo facemos cousas que sabemos que non debemos facer, pero sentimos que “non podíamos controlarnos”. O paso máis grande no noso crecemento persoal é pasar das boas intencións á acción concreta. Isto é o que representa a barba. A barba é o pelo que crece entre a cabeza e o resto do corpo. É a ponte que une a mente e o corazón, os pensamentos e as accións, a teoría e a práctica, as boas intencións e os bos feitos. Non nos cortamos a barba (os Rino), senón que a deixamos medrar libremente, abrimos un fluxo directo entre os nosos ideais e filosofías e a nosa forma de vida diaria.

 

 

 

 

 

 

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome