TODOLNB fala con Lola Eiras Pérez

0
469
      Lolé xoga á billarda porque desde nena contemplaba con admiración a Serra de Meira coas súas árbores milerarias, porque ten sangue do Pedregal de Irimia nas súas veas e porque lle peta. Esta amazona de mirada infinita e brazos acolledores, encontra en cada aventura unha vitoria e en cada acción humana un milagre da natureza. Cando se xunta coa súa xente para asistir a unha xornada de LNB sente que a enerxía feminina do universo se apodera dela. O que ela non sabe é que cada vez que golpea a billarda está chamando na porta do infinito, non para entrar, senón para que el lle abra.
 
      Aquí tendes o que nos contou… e o que calou… Lolé o gardou.
 
 
 
Nome
e apelidos:
Mª Dolores Eiras Pérez
Lugar
e data de nacemento:
Meira. 1982-01-22
Lugar
de residencia:
Meira e Lugo
Ano
de debut
LNB: 2011
Equipo
actual:
Polka Miseria

 

-Cando e como foi o teu primeiro contacto co xogo da billarda e coa LNB?
O primeiro contacto foi en 2009. Eu estaba con M de Meira e Xosé da Flor foi quen organizou o aberto. Xa se fixera en 2008, pero eu non participei. E en 2009 fun ao aberto porque non había xente de Meira que xogara, e fun facer bulto, máis que nada. Pero, desde aquela enganchei, e ata agora. E xa van uns cantos aniños…

 

-Que accións propoñerías para que máis nenas e nenos practicasen billarda?
Simplemente levar aos nenos e nenas aos abertos, e que xoguen. Tamén se podía propoñer como actividade extraescolar como o fútbol ou a pintura. Pero, o importante é que xoguen.

 

-Cales
son as túas principais virtudes como xogadora de billarda?
En
realidade non creo que teña ningunha. Son unha xogadora normaleira,
que intenta, polo menos, chegar con algún punto en todas as
carreiras. Intento tirar sempre da mesma forma para enganchala como
quero, pero a veces non sae.

 

-Que
aspectos técnicos, físicos ou psicolóxicos debes mellorar?
Debería
mellorar a forza. Non teño demasiada, e en moitas ocasións faríame
falta máis, xa que, non son capaz de facer ningún varado. E no
tema psicolóxico ás veces desconcéntrome e perdo as carreiras.

 

-Ordena
estas superficies de xogo segundo a túa preferencia, TERRA, HERBA,
AREA, ASFALTO, CEMENTO, PAVILLÓN.
Pavillón,
asfalto, cemento, herba, terra e area

 

-Cales
foron as claves da túa vitoria na categoría feminina no Aberto da
galiña de Mos?
A
clave foi que as outras rapazas tiveron mal día e gañei eu, jajaja.

 

-Que
farías para que máis mulleres xogasen á billarda na túa comarca?
Pois,
non o sei. Hai moita xente que sabe que xogamos e simplemente non se
anima porque ten outras cousas que facer ou prefire estar noutro
lugar. Son decisións persoais que hai que respectar

 

-Cales
son as fortalezas e debilidades de teu equipo Polka Miseria?
As
debilidades son que somos moi poucos e non adestramos nada. As
fortalezas son que nos apoiamos moito, que nos animamos, que estamos
pendentes uns dos outros- E bueno, ao final, imos facendo puntiños.
Xa levamos anos xogando, e algo nótase.

 

-Cales
son os teus obxectivos para esta temporada, tanto individuais como
colectivos?
O
meu obxectivo é chegar con algún punto en todas as carreiras, e se
fora posible, non facer menos de 14 en cada aberto. Con iso
confórmome. E o obxectivo colectivo é non quedar de últimos.

 

-Queremos
preguntarche por varios temas de actualidade. Non sei se o sabes,
pero, estase investigando a Troitas Bravas por amaño de carreiras na
temporada pasada. Seica financiaron as camisetas deixando entrar
diante a palanadores doutros equipos, dos cales percibían 5 euros
por punto. No caso que se demostre a veracidade desta práctica
deshonesta, que sanción propoñerías para o equipo?
Non
creo que os troitas bravas fixeran tal acción, son xente moi honesta
e moi entregada. Pero, en caso de que se demostrase, o lóxico sería
expulsalos da competición.

 

-Estamos
ao día dos esforzos que está realizando a secretaría deportiva de
Carabullo para reforzar a súa sección feminina e de que ti es o seu
obxectivo prioritario para a vindeira temporada. Que falta para que
se produza ese acordo?
Habería
que negociar as cláusulas do contrato e dependendo da oferta, xa
valoraría, pero creo que faría falta que Polka Miseria se disolvese
e que @s meus compañeir@s se viñeran comigo.

 

-Esta
é unha pregunta de difícil resposta para ti, mais sabemos que
sairás con eficacia da resposta. No caso que Meira volvese á
competir na LNB cun equipo de billarda, deixarías Polka Miseria?

 

Como
boa galega, contesto “depende”. Non o sei, supoño que si, xa
que, foi aquí onde empecei, e a verdade é que me faría ilusión
que se volvera a facer outro equipo en Meira. Aínda que coa xente de
Pol estou moi contenta e a gusto. Levámonos moi ben e apoiámonos
uns aos outr@s, Non sei… jjjj.

 

 

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome