CORTÓN “O RAPOSO PRATEADO”

0
408
        Por fin temos a entrevista con Cortón. Non foi doado entrevistar ao xogador estrela de Chaínzos-Cadaval. A súa axenda de actos veuse saturada despois da vitoria en Mondoñedo. A fama ten certos privilexios ao tempo que moitas obrigas. O raposo prateado da Ponte de Outeiro nunca antes se vira noutra igual. O pasado 9 de marzo, en medio do entroido, conseguiu un fito histórico, como foi o de entrar no ALFA (Alboio da Fama) da LNB. Para entrar neste lugar hai que lograr a proeza de conseguir unha vitoria en algún Aberto de Billarda puntuable para a LNB, ou conseguir algún Título LNB. O afable palanador de Chaínzos-Cadaval foi quen de sorprender a todas e a todos e facerse coa torta de Mondoñedo. 
        O 20 de outubro de 2012 foi o seu debut no mundo da billarda, pois ben, desde aquela nunca subira ao máis alto dun podio. Podemos afirmar que Cortón formaba parte da clase media da competición. Tanto é así, que das 6 finais Nacionais que se disputaron desde que el é xogador LNB, el clasificouse para 3, nada máis. Esta é a súa sétima temporada e o salto de calidade que lle esixía Kiko, por fin sucedeu. Esta temporada está nunha cómoda décima posición, lonxe das penalidades da praza 15, última que clasificaría para a final LNB 2019. Polo tanto, Cortón xa entra nas quinielas para vestir a Coroza 2019, aínda que el di que non sabe se lle servirá, xa que, coa dieta alta en sodio que lle obrigou a seguir o secretario técnico do equipo, Kiko, o seu corpo retén moita auga e aumentou o perímetro abdominal.
        Aquí vos queda a visión do mundo da billarda do raposo máis xentil, cordial e amable da Terra Chá. O único golpe que é alérxico aos galiñeiros e ao que nin as galiñas de Mos lle saben.    

 

 

Nome e apelidos: Jose Luís Cortón López
Lugar
e data de nacemento:
Ponte de Outeiro 1961-03-02
Lugar
de residencia:
Ponte de Outeiro
Ano
de debut:
2012
Equipo
actual:
Chaínzos-Cadaval
 
 

-Cando
e como foi o teu primeiro contacto co xogo da billarda e coa LNB?
 

  O primeiro contacto coa LNB e coa billarda foi no Aberto da Ponte de
Outeiro, fai xa uns sete anos. Pepe díxome que fose xogar… e fun.
Gustoume e ata hoxe
 
Sabemos
que son moitas as virtudes que acumulas para xogar tan ben á
billarda, entón, fálanos só dalgunhas delas
.
 

  Virtudes, non
sei… Tampouco son tantas. Vou contento xogar e iso é a mellor
virtude, pásoo ben.

 
Que
aspectos técnicos, físicos ou psicolóxicos deberías mellorar para
asegurarte a praza de finalista LNB? 

  Teño moito que mellorar en
todo.

 
-Ordena
estas superficies de xogo segundo a túa preferencia, TERRA, HERBA,
AREA, ASFALTO, CEMENTO, PAVILLÓN.
 

  Primeiro a herba e último a
area. O resto dánme igual.

 
-Esta
é a túa sétima temporada na LNB, consideras que xa estás
suficientemente mantido como para vestir a Coroza?
 

  Mantido estou, pero para vestir a coroza igual aínda non chega.
 
Sempre
fuches un xogador da parte nobre da clasificación, pero que che
falta para chegar a comer na mesa dos grandes da Conferencia

  Son
moi bos xogadores. Iso vai custar moito.

 
Cales
son os teus obxectivos para esta temporada, tanto individuais como
colectivos?

  Clasificarme tanto eu como o equipo para as finais de
Santiago.

-Se tiveses que
apostar, por quen apostarías como campións da vosa Conferencia en
Individual Absoluta, en Feminina, en Equipos e en Varados? 

  Absoluta,
Daniel, feminina Paula que é do meu equipo, por equipos Carabullo e
en varados Santi que é veciño.

-Que farías
para que máis xente xogase á billarda na túa comarca?

  Xa xoga
bastante… Algo se estará facendo ben, pero sempre se pode levar
máis xente, claro.

 
-A
que se debe que o teu equipo Chaínzos-Cadaval estea fóra dos postos
de finalistas LNB? 

  Todo é culpa de Kiko!!! Que non vén xogar.
Jajaja…!
 
Aceptarías
formar parte dese proxecto chamado Ponte de Outeiro 2021 e que
pretende confeccionar un equipo invencible só con palanadores e
palanadoras nacidos na Ponte, para lograr por vez primeira o Título
LNB de Equipos, e deste xeito poñer a Terra Chá no lugar que lle
corresponde por densidade de xogador@s de billarda?
 

  Sería algo
moi bonito. Xogar cos veciños todos. Pero, boh, de momento estamos
nos nosos equipos e defenderémolos a tope! Pero, sería bonito xogar
xuntos os da Ponte de Outeiro, si.

 
-Faltan
4 xornadas e estades 36 ptos por debaixo de Troitas Bravas, que
estratexia estades argallando para desbancar ao equipo da Pontenova
da última praza de podio?

  Vai ser complicado, pero estamos
pensando en invitalos a unha augardente que se fai en Outeiro e
enchelos, poñelos a perdición!
 
Seguro
que non tendes nada que ver co accidente que sufriu Noé e que lle
vai impedir defender esa praza de finalista?
 

  Nada de nada!! Iso
nunca o fariamos.

 
-Quen
será o próximo en ter un fatal accidente, David Navallo, Jorge,
Geni?
 

  Por suposto, Navallo, pero na cama… Necesitamos máis
nenos na billarda.


-Que
opinas sobre a decisión de Pepe Outeiro de facerse vexetariano?
 

  Sempre estivo algo tolo, pero iso non vai levalo a cabo.
 
-Para
finalizar, cóntanos o secreto da túa vitoria incuestionable en
Mondoñedo e non sexas humilde na túa resposta?
 

  O segredo foi
que non levantaba nin unha soa billarda antes de empezar. Iso viuno o
meu veciño Ismael e aconselloume facer un troco de contrapesado de
billardas coa cinta illante, así conseguín que levantasen mellor e
despois puiden ata ganar o Aberto. Truco legal por suposto, pero que
non podo desvelar. En Outeiro somos todos compañeiros.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome