Comezo da temporada 2017-2018 LNB

0
139


      Primeiro sábado de setembro e a LNB prepara actas e xuíces para afrontar outro desafío máis, o de organizar unha liga extraordinaria que dá cabida a deportistas de calquera idade e condición física, e que se desenvolve por todo o territorio galego.  De novo, un grupo de intrépidas e intrépidos galaicos iniciarán o longo camiño que os levará a Compostela o último domingo de maio do 2018 para intentar alcanzar a gloria de vestir a coroza nacional nesta nova temporada. 
       É a conferencia Rías Baixas a que dá o sinal de saída da tribo billardeira. O Grove é o lugar elixido, máis concretamente o campo de fútbol do Monte da Vila. Os equipos ultiman o seu cadro de xogadores e xogadoras para buscar o mellor rendemento deportivo, ao mesmo tempo, carpinteiros e carpinteiras da comarca dan forma ás billardas que deberán competir por ser as máis veloces e precisas. Os 50 por 20 metros do campo de billarda reunirán á elite do deporte tradicional máis practicado en Galicia. 
 Adiante co varal!
Billarda sempre!

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome