Sucederon tantas cousas
extraordinarias no Aberto de Lugo que as palabras se empuxan unhas ás
outras por ver quen sae primeiro do teclado para explicar o
comprensible, intuír o inexplicable e visualizar o extrasensorial.
Xa que, todo isto e máis aconteceu a beiras do Miño, no paseo
fluvial de Lugo. Os ingredientes foron os seguintes.
extraordinarias no Aberto de Lugo que as palabras se empuxan unhas ás
outras por ver quen sae primeiro do teclado para explicar o
comprensible, intuír o inexplicable e visualizar o extrasensorial.
Xa que, todo isto e máis aconteceu a beiras do Miño, no paseo
fluvial de Lugo. Os ingredientes foron os seguintes.
–Do Noroeste
chegou a Tropa do Demo… perdón, de Edu, coa saudable intención de
demostrar os avances técnicos e tácticos dos seus palanadores e
palanadoras, considerados históricamente un andar por debaixo d@s
fantástic@s palanador@s norleste.
chegou a Tropa do Demo… perdón, de Edu, coa saudable intención de
demostrar os avances técnicos e tácticos dos seus palanadores e
palanadoras, considerados históricamente un andar por debaixo d@s
fantástic@s palanador@s norleste.
–Das Rías Baixas acercouse o Rodiño, coa maliciosa intención de forzar a destitución do seleccionador Flores. Seica non hai química entre o de Lúa de Forza e Manolo Flores. Os datos están aí, o de Dorrón nunca foi convocado para participar na Copa Cantábrica, a pesar do seu inmaculado historial.
–A magnífica organización de Madia Leva, coa colaboración de Polka Miseria e Billarda Verde, tiña marcados os campos desde a mañá, pois organizaron unha xornada de murallas abertas, na que calquera ser humano podía practicar billarda, baixo as sabias instrucións de monitoras e monitores.
–A herba do paseo fluvial estaba en perfectas condicións de humidade e coa lonxitude ideal para a práctica da billarda. Os campos tiñan as dimensións olímpicas.
–O outono estaba instalado no ceo e na temperatura. As nubes debuxaban sobre a herba unha idílica luminosidade.
Debaixo destas liñas aparece O MURIEGO. Que é? Pois, igual que noutros deportes existen os marcadores electrónicos, os marcadores analóxicos ou as pantallas LED para poder saber como se desenvolve a competición, no deporte da billarda, existe O MURIEGO, que se instalou esta temporada 2018-2019 na Conferencia Norleste e que as demais Conferencias tratan de imitar.
Vemos que o interese que desperta este artiluxio, saído do maxín de Muriego, é inmenso. O aparato está construído para soportar as circunstancias climatolóxicas máis adversas sen resentirse o máis mínimo na súa estrutura. Non hai furacan que o tire ao chan. O cerebelo do Da Vinci de Tapia está sempre bulindo para poñer á LNB na vangarda.
![]() |
Vemos a xogadores do Noroeste tomando fotos do aparello para ver se son quen de construír algo similar sen ter que abonar a patente, que está en mans de Muri. |
Carabullo chegou coa intención de promover a candidatura de Kiko para ser o novo seleccionador, pois o equipo de Ponte de Outeiro tamén está descontento por non ter ningún xogador ou xogadora na selección de Flores. En definitiva, o que pretendía o equipo da ponte era aproveitar a desfeita da Auténtica en Piedras Blancas, con maioría de xogador@s de Billardeiros Musicais e Troitas Bravas, para ganar a xornada e meter moitos ptos de distancia con estes dous equipos. Pois, dito e feito.
Troitas Bravas presentou en sociedade a nova fichaxe, Brandon (non é complicado descubrir quen dos 11 xogador@s é o de Detroit). Con esta ficha o equipo troiteiro ocupa as dúas prazas para xogadores extranxeiros permitidas na LNB, xa que, a outra está en mans do D. Navallo, tamén coñecido polo infiltrado.
O adestrador e xogador de Billardeiros Musicais, Franco, estivo en todo momento negociando a contratación para este mercado de inverno dunha das maiores promesas do Noroeste, EGASA. Un xogador moi novo que apunta alto. Si, aínda que o seu aspecto está desmellorado e aparenta maior idade, o de Paiosaco, pertence á categoría Sub-33. Se lle facemos caso á foto podemos confirmar que as cousas están moi avanzadas.
Chaínzos-Cadaval chegou con varios xogadores en entredito, pois tanto Cortón como Kiko están no ruxe ruxe dos medios sensacionalistas. Os dous coa posibilidade de ser o novo adestrador nacional. Deste xeito, están coa mente noutro lado e os seus resultados non están sendo os esperados para dúas glorias da billarda. Nesta xornada, Cortón 13 ptos e Kiko 7 ptos. O equipo estase vendo perxudicado polo seu baixo rendemento, ata tal punto que agora quedan a 28 ptos da terceira praza, a última que dá dereito a participar nas Finais LNB 2019.
Billarda Verde continúa buscando adestrador para un proxecto a medio prazo. Se, finalmente, cae Flores, @s de Castroverde faranlle unha oferta que non poderá rexeitar. Mentres tanto en Lugo aguantaron o tipo nun terreo moi esixente. Presentaron 7 xogador@s.
Polka Miseria xa ten un un novo xogador, Edu. Ademais, as prestacións de Sara son moi boas e xa se sitúa a dous puntos da terceira posición na categoría feminina.
![]() |
SARA Polka Miseria |
Remourelle tivo a súa peor puntuación de toda a temporada. Só Muriego e Lucía estiveron nos seus números. Salientar o debut de Pablo coa franquicia do touro. Era de esperar que Flores non rendise como nel é habitual, pois tivo unha semana de moitas presións para que dimitira como seleccionador da Auténtica. Así é que o de Reinante movíase como unha alma en pena sobre a verde superficie.
![]() |
Santa Compaña tradicional |
![]() |
Santa Compaña da LNB |
As últimas carreiras dalgún grupo, así como, os desempates para o podio xogáronse coa inestimable colaboración do mesmo equipo de iluminación que participou na produción cinematográfica galega DHOGS. Grazas a este excelente equipo tamén se puideron facer as fotos da entrega de premios.
|
![]() |
1º XAN RODIÑO |
![]() |
2º- CHARLY |
![]() |
3º- SACHAS |
![]() |
Masiva participación no Aberto de Lugo e ambiente fantástico |