BILLARDAS adulteradas. Vale todo para conseguir un Título LNB?

0
589

Por fin, BIGAL equipo de investigación ten as imaxes que destapan un escándalo sen precedentes na LNB. Xa se sospeitaba que o material que usa algún equipo da LNB estremaba a ilegalidade. Pois ben, un arrepentido de Corredoiras pon nome a un modelo de billarda que non necesita apoio nin en superficie areosa, nin en herba ata os xeonllos, nin en lama, nin por suposto, en terra con pedregullos ou terróns.

Queremos agradecer a Charri que se atrevera a traicionar ao seu equipo, porque sabemos que este comportamento vaille supoñer un linchamento por parte dos seus compañeiros e compañeiras de Bueu. Mais, queremos que saibas, amigo Bolecharri, no caso que te desterren de Beluso, que que sempre terás un espazo… nos nosos corazóns.

 

Charri é famoso nos terreos de xogo por ser un xogador visceral e incontrolable. Sen ir moi lonxe, lembramos a temporada pasada na xornada de Vilaboa, na cal tivo un incidente cun xogador de Laxe de Rons.

 

 

Por outra beira, todo fai indicar que a xornada de Moaña haberá que xogala no pavillón de Domaio. As predicións de Meteogalicia así o aconsellan.

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome