BILLARDA SEMPRE ! … E MÁIS ALÓ !

0
193
       O verán é un momento ideal para realizar actividades ao aire libre. Deste xeito, nas moitas festas, festivais, romarías e celebracións populares que se espallan polo territorio galaico, a billarda encontra un lugar de privilexio. Nos vindeiros días teremos ata tres Abertos de Billarda.

     

      A área recreativa de Baltar (A Pastoriza) estará chea de mozos e mozas o vindeiro sábado, día 21, coa celebración do XIII Festival de Chaira, evento que promove a asociación cultural A Chaínza. @s compañeir@s da Chaínza confírman que este ano o festival alcanza un nivel excepcional, pois, por vez primeira haberá actividades ao longo de todo o día. Moit@s dos integrantes da asociación A Chaínza xogan en Chaínzos-Cadaval, un dos equipos referentes da Conferencia Norleste.
Asociación A Chaínza
        Castroverde é outro dos concellos de Lugo que ten equipo de billarda competindo na LNB, BILLARDA VERDE. O vindeiro domingo 22 de xullo, dentro das festas de Santiago Apóstolo 2018, celebran o Día do nen@ e do avó/avoa. Entre as actividades programadas está un campionato de billarda. 

         O 25 de xullo de novo organizarase o Aberto Día da Patria 2018. Será en Compostela un ano máis. Desta vez, contamos coa colaboración da Gentalha do Pichel. O espazo que se utilizará como campo de xogo será o antigo cemiterio de Bonaval.  

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome