BILLARDA nas Rías Baixas … Bueu hai tempo que entrou en des…Estacada

0
237

Regresa a billarda ao sur do país. A Comarca do Morrazo será o escenario. Queda lonxe aquel 15 de febreiro, data na que se xogou a última xornada antes de entrar en estado de alarma. Daquela, serán 4 meses e 12 días sen practicar billarda. Nunca antes houbera un período de inactividade tan prolongado en ningunha das Conferencias LNB. Polo tanto, non se sabe como afectará este letargo aos paláns e brazos de deportistas desas Rías de Arousa, Vigo e Pontevedra. Verémolo e mirarémomo o sábado. O certo é que os equipos intensificaron adestramentos e completaron dietas a base de cenoira nas dúas últimas semanas.

Nesta xornada aplicarase o Protocolo de medidas de protección e prevención de contaxios do COVID 19.

Tal é a concienciación e responsabilidade das persoas que forman parte da Billarda Rías Baixas que varios xogadores de Corredoiras están seguindo ao pé da letra as indicacións deste Protocolo para non cometer imprudencias o dia da competición. Enviáronnos algunhas imaxes da persoa que o tomou con máis seriedade

A verdade, non sei se Fari entendeu ben as indicacións para usar os líquidos desinfectantes de mans. El todo o que sexa líquido lévao á boca.

 

Por outra beira, a competitiva, as clasificacións están así a falta de 6 xornadas para o remate. Os títulos individuais semellan decididos, non así todas as prazas de finalista. A FinaLNB 2020 será unha oportunidade para esquecer a actuación decepcionante d@s representantes das Rías a temporada pasada nas finais de Compostela.

 

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome