BILLARDA na fin de semana

0
129
       Fin de semana de Billarda na franxa atlántica. Paiosaco será escenario do Aberto das Cereixas e como en cereixas hai moitas clases, variedades e familias, pois, houbo que facer dous carteis. Un coas cereixas vermellas e outro coas cereixas negras. Non se fixeron máis carteis porque a directiva de Campo da Feira está moi concienciada co obxectivo 2021 da LNB que propón eliminar o papel como medio de divulgación das súas actividades. 

     Case que un grao de latitude máis abaixo, en Marín, disputarase o Aberto das Festas do Carme. Este torneo de billarda está organizado polo equipo Campión LNB 2019, Gharaboto. O único título nacional acadado por un representante da Conferencia Rías Baixas na FinaLNB 2019 foi o da Categoría de Equipos. O equipo máis veterano do circuito da billarda (xunto con Billardeiros Musicais, presentou 4 xubilados na aliñación da final), por fin conseguíu o estado óptimo de madureza nesta anada 2019. 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome