BILLARDA EN VERÁN

0
159

     Co verán chega a billarda. A LNB organiza Abertos de billarda en calquera recuncho do país. O exemplo témolo nos vindeiros días. Así, desde o 5 de agosto ata o 9 de agosto hai catro Torneos Abertos de Billarda. O sábado será en GUITIRIZ, dentro das actividades do mítico Festival de Pardiñas con 38 edicións consecutivas desde 1979. Tamén, o sábado haberá billarda na emblemática praza do mar de SANXENXO. Igualmente, oirase o golpe de madeira contra madeira en Ferreiravella, RIOTORTO. Para rematar estes catro días frenéticos, a LNB organiza en Cervantes o xa histórico Aberto do Urogalo, como demostración de que a billarda tira cara aos ceos da súa consolidación como deporte de referencia da Galicia Rural.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome