APB co COiTELO entre os dentes gana en Caión A Laracha a 6 xornada LNB NOR

0
377

A xornada inclemente foi propicia para APB, quen nunha acertada decisión, aconsellou e propuxo xogar en pavillón.  A maioría aceptou, sen ser conscientes do que lles esperaba. Así, cunha táctica perfectamente deseñada no bunker subterráneo de APB en Trasancos, as casacas vermellas pasaron por enriba de MAC e dun Campo da Feira que notou as ausencias de Abel, Juancar e Cruz. Ao final, Xulio Ponte recoñeceu que o seu equipo caeu na trampa e non soubo reaccionar a tempo. Incluso MAC quedou por diante do todopoderoso equipo de Paiosaco. A Araña continúa co seu calvario e non cazou na súa arañeira máis que 13 ptos.

Xan Rodiño segue coa súa flor particular e as billardas que a todo o mundo lle baten nas bigas do teito a el pásanlle por entre os buracos como un dron ben guiado. O de Lúa de Forza de Sanxenxo ganou a xornada, por diante dun fantástico Cotelo de APB da Laracha. Terceiro foi Piru de Gharaboto de Marín. En féminas Marisa foi unha locomotora e impúxose, segunda foi Patricia, unha debutante de Campo da Feira de Paiosaco. Terceira foi Iria de APB da Laracha. En Infantil ganou Miklos de Filloas de Sangue da Coruña, segundo Marc Varela e terceiro Lucas Varela, os dous de Campo da Feira.

Patricia debutou como palanadora. É unha xoia da Academia de Araña e foi segunda na categoría Feminina. Aquí o seu mestre ensinándolle a posición correcta.
Aqui vemos a Patri aplicándose na posición Tarántula, pois o seu instrutor así llo recomendou
Outro debutante Sergio. Este vén da Escola de Filloas de Sangue. Vemos as evidentes diferenzas na posición inicial coa Academia de Paiosaco.
Outro debutante orixinario das Somozas. Intentou xogar cunha estaca caza vampiros, pero Ladito e Xulio dixéronlle que nesta comarca de Bergantiños non hai esa bichería… ou sexa, que non se podía xogar con semellante instrumento mortífero de dimensións dinosáuricas.
Apuntou moi boas maneiras e está sen equipo, Somozas foi o debutante con maior puntuación 13 ptos. E ollo con este xogador que cando teña material en condicións vai dar tardes e mañás de gloria a esas Somozas, terra de billarda e lume.
Esta foto deixa as claras por que Cotelo sempre está envolto en polémicas arbitrais. Ninguén lle avisou que hai que ter os ollos abertos cando están golpeando a billarda e o de APB aproveita para… quen sabe para que?

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome