APB afiou o CO…i…TELO en Caión

0
285

APB gana en Caión e a prensa apenas se fai eco de tal proeza. Unha simple frase, “por equipos a vitoria correspondeu a Santa Marta“, e unha frase que usa o antigo nome do equipo. Acaso os medios de comunicación da Comarca de Bergantiños só teñen frases subordinadas e adxectivos cualificativos cando gana o equipo de Paiosaco, de cuxo nome non queremos acordarnos.

“Boto de menos o verbo florido, os cualificativos épicos e as expresións axeitadas para a heroicidade de APB”, dicía o fundador do equipo Julio V. Tamén, Roi R. cuestionaba a liña editorial dos xornais, “será que custa dicir que un equipo da Laracha ganoulle ao de Paiosaco?”O xogador franquicia de APB, tamén incidiu na insistencia dos medios en seguir usando un nome que non corresponden á nova etapa laica e antisistema do equipo larachense, “non nos libramos de Santa Marta nin quitándoa do nome do equipo”.

 

Para que quede constancia que BIGAL, o único medio deportivo neutral, nihilista e bioeticoecolóxico do panorama mundial, non se deixa manipular como monicreque, polo poder de influencia de EGASA aquí deixamos estas frases cargadas de… APB ganou a súa segunda xornada histórica desde que é equipo de billarda, nunha Conferencia onde o dominio é cuasiabsoluto dun dos equipos históricos da LNB, como é Campo da Feira.

APB avanzou cara á súa subsistencia coa incorporación da excelente semente de palanador@s de Trasancos. Desta maneira, esta temporada, manexa 11 xogador@s. Veremos se serán suficientes para acadar o seu obxectivo, a segunda posición.

 

A pesar desta destacada vitoria de APB, non podemos nin queremos esquecer certos acontecementos que sucederon en Caión. A maioría deles cun único protagonista. Pero non imos desvelar nada, xa que queda todo moi claro no audiovisual da xornada.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome