ANÁLISE CONFERENCIA NOROESTE ÚLTIMA XORNADA

0
102
       A xornada de Malpica
deixou tan só por decidir as prazas de podio, na Clasificación
Individual Absoluta, xa que o título estaba en mans do palanador de
Paiosaco, Collazo (LNB 2013), desde había dúas xornadas. Por terceiro ano
consecutivo o brazo do de Campo da Feira estivo firme e dominador.
Outro ano máis Collazo será un candidato a vestir a Coroza. O ano
pasado tivo que conformarse con estar á dereita do Coroceiro
Nacional, Chousa, e este ano volverá ter unha oportunidade de subir
ao máis alto e levar por vez primeira a Coroza para territorio
Noroeste. Se alguén pode poñer en dúbida o dominio das
Conferencias Norleste e Rías Baixas é o de Paiosaco.
       Despois veñen catro
palanadores de gran nivel, que sen estar á altura de Collazo poder
ganar a calquera. Viqueira (LNB 2011) é un xogador histórico da
Conferencia e leva clasificándose para o Play Off desde o 2012
ininterrumpidamente, algo que fala sobre o seu potencial competitivo.
Juan Carlos (LNB 2016) é un novato, pois empezou a xogar na LNB esta
temporada. Polo tanto, ten un mérito extraordinario, sobre todo,
tendo en conta que conseguiu o triunfo na xornada 10. Para Oscar
Ponte
(LNB 2016) esta é a súa segunda temporada de competición,
aínda que podemos dicir que na anterior xogou tan só dúas
xornadas. Daquela, a súa progresión foi espectacular, pois xa
conseguiu a vitoria nunha xornada, precisamente a xornada 11 de
Malpica. Xulio Ponte (LNB 2015) compite por segundo ano e, igual que
na temporada anterior, ten garantida a clasificación para o Play Off
2017. Entre eles estarán os dous que ocupen as prazas do podio da
Conferencia.
VIQUEIRA COK 64
JUAN CARLOS FEI 62
OSCAR PONTE FEI 60
XULIO PONTE FEI 59

       Berdillo (LNB
2011) volve a conseguir a clasificación para o Play Off. Gándara
(LNB 2014) consigue a clasificación por segunda temporada
consecutiva.  

BERDILLO COK 53
GÁNDARA FIL 53
       Jesús Andrade
(LNB 2016) vai estar por vez primeira na terra do Castiñeiriño para
intentar vestir a Coroza Nacional. Non está clasificado de xeito
matemático, pero si de xeito racional. Para non clasificarse debería
suceder a seguinte casuística: non pasar de grupo na última xornada
e que Dilan (LNB
2014) ou Julio Vilas
(LNB 2014) ganaran a xornada, algo posible, non obstante, moi improbable. Non
quere isto dicir que Dilan ou Julio non puidesen ganar unha xornada,
senón que é bastante difícil que coincidan os dous feitos ao mesmo
tempo. Tamén, Apóstolo (LNB 2014) está na mesma situación
que os seus compañeiros de equipo, debería ganar a última xornada
e que Andrade non pasase de grupo. Todo é posible neste marabilloso
deporte.  
J ANDRADE FIL 49
DILAN APB 39
JULIO VILAS APB 39
APÓSTOLO APB 37
       Este ano, por vez primeira, haberá participación infantil no Play Off en representación da Conferencia Noroeste. todos estes cativos empezaron a xogar este ano e xa conseguiron mellorar o seu nivel. Isto significa que non o van ter tan doado coma outros anos os pícaros das Rías Baixas. Das categorías inferiores de Campo da Feira chegan á LNB, Oscar Cambón, Abel e Marc, que xunto con Oscar García de Cochikeiros van desafiar o dominio absoluto das Rías Baixas nesta Categoría. 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome