ALL STARS 2017

0
112
   Xa esta todo preparado para celebrar o ALL STARS 2017. Unha cita que se disputa desde a temporada 2007-2008 e que ten por obxectivo reunir a palanadores e palanadoras de todas as conferncias LNB para mostrar ao mundo que o deporte da billarda, ademais dun espectáculo deportivo, tamén é un acontecemento cultural,  gastronómico e musical. Deste xeito, as compañeiras e compañeiros da Conferencia Noroeste programaron unha xornada magnífica na Praia de Laxe e arredores. O atractivo do plan de fin de semana para achegarse á Costa da Morte é suficiente para mobilizar ao colectivo da billarda, porén, dicir que tamén se otorga unha praza directa para o PLAY OFF LNB 2017. Daquela, o ganador ou ganadora do Aberto das Estrelas obterá praza para competir pola Coroza 2017. 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome