ALL STARS 2014

0
167
Sería interesante debatir, na xuntanza posterior ao ALL STARS 2014,
cara a onde queremos camiñar para favorecer a práctica da billarda
e a súa difusión por todo o territorio galego. Dous posicionamentos
parecen claros, e tamén compatibles no tempo:
    • Unha
      visión de futuro onde a billarda sexa un deporte.
    • Unha
      perspectiva que considera a billarda un xogo tradicional e popular.
Evidentemente,
tanto desde un posicionamento como desde outro debemos continuar
fortalecendo os alicerces das colaboracións con colectivos sociais,
deportivos e culturais, como se leva facendo desde que naceu a LNB
(2005).
Agora
ben, se pretendemos chegar a vivir un tempo no que nenos e nenas,
mozos e mozas, adultos, poidan escoller practicar o deporte da
billarda entre outras modalidades deportivas deberiamos avanzar cara
a unha reflexión colectiva sobre as liñas de actuación para
alcanzar ese lugar. Ou sexa, sentarnos, falar, escoitar, chegar a
acordos e levar a cabo o acordado. Un xeito adecuado de organizarnos
é formar equipos de traballo segundo a conferencia, pois cada
localización xeográfica á que chega a LNB ten unhas peculiaridades
propias (número de participantes, sistema de competición, horarios,
lugares de xogo, calendario, etc).
Se
eleximos o diálogo, sería conveniente planificar como chegar aos
medios de comunicación e aos grupos políticos e parlamentarios para
iniciar un longo camiño cun obxectivo no horizonte, que a billarda
sexa considerada modalidade deportiva, paso previo a ter unha
estructura organización con apoio institucional.

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome