ABERTO DE SOANDRES Crónica

0
136

       Na tarde do sábado disputouse o segundo Aberto de verán de Soandres, parroquia da Laracha. O Velodron das Chancelas-Vista Alegre é a ÁREA 51 galega. Un lugar de investigación e desenvolvemento das novas ferramentas tecnolóxicas 4.0 coas que a LNB pretende retransmitir en directo, nun futuro moi próximo, as xornadas de billarda.
       Todo está preparado. O Droniño voou en fase de probas e os resultados foron excepcionais. Varios integrantes de Campo da Feira, APB Santa Marta e Filloas de Sangue están matriculados no curso de piloto de dron.
      Ademais, realizouse outra experimentación, que foi a de meterse entre peito e lombo unha churrascada impoñente para comprobar os efectos no rendemento deportivo. Abaixo vedes varias imaxes do experimento. Primeiro probaron unha dixestión en horizontal e despois outra en vertical. Os resultados non foron todo o positivos que se esperaba, xa que algún e algunha dos comensais acabaron derrotados pola fatiga postraumática, motivada polo impacto de tanto ácido no duodeno.
A marioría dos comensais formaron o grupo de control que comeu sentado.
Algún comensal formaba parte do grupo experimental que comeu de pé.
BERDILLO, despois da churrascada sufriu un esvaecemento postraumático.
PODIOS
1ª FEM- Merche    1º INF- Abel       ABSOLUTA 1º-OSCAR PONTE 2º-ENRIQUE 3º-LITO
Grupo d@ brav@s competidores que aguantaron ata o final. A churrascada foi un reto demasiado esixente e houbo mortes estatísticas que non soportaron toda a xornada.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome