Aberto de Bordóns

0
636

O sábado 24 de Agosto ás 17h30 disputarase unha nova edición do Aberto de Bordóns dentro da Festa Labrega desta parroquia do concello de Sanxenxo. Última oportunidade para equipos e xogador@s para ver se chegan en condicións óptimas para encarar unha nova temporada, ou se, pola contra, hai que variar a dieta durante a semana previa ao comezo dun novo espectáculo LNB 2019-2020.

A LNB xa ten data de inauguración, o 31 de agosto no Grove. Así, a LNB RÍAS BAIXAS iniciará un camiño que acercará a palanadoras e palanadores a Compostela. Data prevista de chegada, último domingo de maio de 2020. Non todas e todos os xogadores que iniciarán o camiño chegarán ao seu remate. Só aqueles seres resistentes ao desalento e impermeables á humidade terán o privilexio de acadar a terra sagrada da FinaLNB 2020.

Tamén, estes vindeiros días iremos anunciando as novidades de altas, baixas, permutas, cesións, intercambios e trocos de xogador@s que buscan equipo diferente ao da temporada pasada. Evidentemente, os conxuntos que máis precisan reforzar o seu cadro de elementos deportivos son os que non se clasificaron para a FinaLNB 2019. De todos os xeitos, sabemos que hai outras motivacións máis elevadas como son as de sustituír dunha definitiva vez aos campións sempiternos de Conferencia, como son BILLARDEIROS MUSICAIS, CAMPO DA FEIRA e CORREDOIRAS. Polo tanto, como as alternativas reais a este dominio absolutista son CARABULLO, APB e GHARABOTO, estas escuadras están mexendo e removendo marcos, fitos, mollóns e mouteiras para encontrar figuras emerxentes da Billarda.

 

aberto-bordons-festa-labrega-2019

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome