Abel Ponte gana, APB presenta a Riveiro e Filloas equivócase non usando as Billagras

0
406

Abel Ponte volveu con ansia de vitoria despois de faltar a varias xornadas por decisión técnica. O seu axente, Óscar Ponte, está tendo moito coidado para non queimar deportivamente ao mellor talento infantil da LNB.  Deste xeito, o actual campión Infantil da LNB regresou con máis fame e devorou a todos os seus rivais. Segundo foi Xan Rodiño e terceiro Roi Rey. En Féminas ganou a líder da categoría, Lu Torres, segunda foi Cruz e terceira Mariña. En infantil ganou Migui Cancela, Carmela foi segunda e Lucas terceiro.

Campo da Feira ganou unha xornada máis e acércase á marca histórica LNB de equipo con máis xornadas consecutivas como líder. APB foi segundo e recortoulle 7 ptos a MAC na xeral. Terceiro foi Lúa de Forza.

Máis alá da sensacional vitoria de Abel Ponte, o diamante de Paiosaco, a maior alegría está na participación de 10 debutantes, 4 mulleres e 6 homes. E destes 10, cinco en idade infantil. A maioría da canteira de Filloas de Sangue, o equipo que máis se reforzou neste mercado de inverno. Primeiro fichou a Landras e agora trouxo a 6 talentos herculinos. E ollo que Juancar non apareceu a xogar e seica todo é debido a que Filloas estao tentando cunha oferta mareante e non está en condicións para centrarse no xogo e necesita un tempo para meditar.

APB presentou á súa nova incorporación de inverno, Riveiro, coa intención de recortar a distancia que o separa da segunda praza de finalista LNB. O efecto Riveiro trouxo un gran rendemento para o resto dos seus compañeiros. Riveiro fixo o traballo escuro de non entrar en ningunha das 5 carreiras e non perder o sorriso. Bravo Ribeiro.

Filloas equivocouse claramente na elección das billardas. Os da Coruña non se atreveron a utilizar o modelo Billagra, pois consideraron que nesta pista de Paiosaco, cunha lixeira pendente en costa, a Billagra non se levantaría ben. Atrevido error. 45 ptos e últimos a 25 ptos do penúltimo…

Aquí quedan algunhas espectaculares imaxes.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome