CRÓNICAS FIN DE SEMANA RÍAS e NOROESTE

0
118
      A xornada de Cotobade
xogouse no pavillón de Lérez aconsellados polo Coroceiro Nacional e
delegado do equipo Rinoceronte. O equipo da capital non está no seu
mellor momento de xogo e preferiu xogar nunha superficie máis rápida
para ver se así as súas billardas chegaban a entrar no varal dunha
vez.

      Os resultados deron
como ganador da xornada a Piru, resucitado de entre os mortos ás 12
xornadas. Álvaro foi segundo e Bego terceira. O da Adina arrancou
como candidato ao título e nas 5 primeiras xornadas estivo loitando
por ese posto, mais o virus da súa irregularidade volveuno a invadir
a partir da xornada 6 (o número da besta). Agora, o título quédalle
case inalcanzable, pero terá que loitar por esa terceira praza de
podio que conseguiu a temporada pasada. Un xogador da súa categoría
e historial non debería quedar fóra dos catro primeiros postos que
son os que dan dereito a partir como cabeza de serie no sorteo de
confección de grupos para a Final Individual Absoluta LNB 2019. Será
acaso un plan elaborado polo seu adestrador persoal, Luísgón, para
que este ano, por fin, Piru chegue en plena forma as finais LNB de
maio?

       Na Categoría Feminina ganou Adriana, segunda foi Lu e terceira Tania. En Equipos ganou Lúa de Forza por diante de Corredoiras e terceiro foi Gharaboto. En Infantil, ganou o Raio Verde de Rexenxo, o Xián, seguido de Ángel Esperón e de Nerea. En equipos femininos ganou Valpaços, seguido de Lúa de Forza e terceiro foi Gharaboto.

     

       A superficie de pavillón é propicia para sorpresas agradables e desagradables, segundo se teña o día e a puntería, pois é doado avanzar sobre o terreo, pero sempre que o fagas coa dirección axeitada. Moitas billardas vanse pola liña de fondo, xa que, a forza dos golpes sobrepasa a distancia con facilidade. Curiosamente, só 4 xogador@s estiveron por enriba dos 20 ptos e dúas foron mulleres e unha delas, Bego ocupou praza de podio absoluto. Que cada quen tire as súas conclusións. A billarda precisa forza, evidentemente, pero tamén e, sobre todo, precisión. 

       Catro xogador@s de Corredoiras entre as mellores 10 puntuacións non foron suficientes para ganar a xornada, xa que, as destacadas puntuacións de Xan e Lu, combinadas coas boas de Chicho e Juanma, déronlle o triunfo ao equipo verde. Na Categoría feminina, dúas xogadoras estiveron por enriba das demais con puntuacións desorbitadas, Lu e Bego. As outras dúas xogadoras que pasaron dos 10 ptos foron as Valpaçenses Adriana e Tania. 
        En Equipos, Lúa levouse outro triunfo e xa van 3, cousa salientable debido á presenza do mellor equipo LNB da temporada pasada, Corredoiras. Gharaboto salvou os mobles grazas ás magníficas actuacións de Piru e de Álvaro, pois @s demais compañeir@s de equipo non chegaron aos 15 ptos. Iso si, agora, a segunda praza xa a teñen a 61 ptos de distancia. Na zona de equipos proletarios, Laxe de Rons impúxose por diante de Valpaços, Rinoceronte e Armadiña, ou sexa, ao contrario dos postos que ocupan na Xeral, cousas do pavillón. Armadiña, despois desta última praza na xornada, convocou unha reunión de urxencia da súa xunda directiva. O tema a tratar será a continuidade de Peque na franquicia celeste. Os números están aí para analizar. Coa incorporación de Peque, despois de pasar varios meses como axente libre por non chegar a un acordo con Armadiña para renovar o seu contrato, o equipo notou un baixón alarmante nas puntuacións. Esperamos novas desde Combarro.
        O equipo feminino de Valpaços continúa defendendo a súa privilexiada posición. Nesta xornada, catro equipos estiveron moi preto do podio. Entre o primeiro, Valpaços, e o cuarto, Gharaboto, houbo só 5 ptos de distancia. A sorpresa douna Lúa de Forza que se quedou a 2 ptos do triunfo. Corredoiras quedou terceiro coa recuperada Chefa e coa intratable Bego. 

      Agora as clasificacións xerais quedan deste xeito.

Estas son as últimas prazas de finalista LNB 2019, ata o posto 23.

11 BEGOÑA COR 176
12 LITO COR 172
13 DANIEL RIN 172
14 ADRIANA VAL 165
15 TAXEIRO VAL 161
16 CRIS RIN 155
17 CHARRI COR 149
19 MANOLO FARIÑA GHA 149
18 SUSO GHA 149
20 ÁLVARO GHA 147
21 CAROLO LÚA 143
22 CHICHO LÚA 140
23 ALBERTE RIN 140
MARTÍN LAX 136
LUÍS GON GHA 135
LU LÚA 134
ELENA GLEZ GHA 128
SALVA COR 125
BENITO RESILLE COR 121
OSCAR CALDAS INF ARM 116
GERARDO TORRES LAX 114
CHICHÍ LAX 114
DIEGO ARM 112
ALFONSO VAL 112
VIXO ARM 108
GELÍN GHA 107
ELENA SABARÍS ARM 104
XIÁN “O Raio Verde de Rexenxo”

        Sen dúbida, houbo unha
actuación que debemos suliñar coa súa xusta narración. Que un
neno de 6 anos consiga entrar en dous golpes en dúas carreiras e
noutras dúas en tres, que consiga pasar de grupo e que gane o
primeiro cruce eliminatorio, que na semifinal sexa eliminado por un
golpe que acaba en varado, sería un feito a destacar. Pois ben, este
feito sucedeu con Xián (novembro 2012) e, aínda así, o que debemos
reseñar é o valor emocional para a billarda que ten que este neno
teña como actividade deportiva principal a Billarda e non o fútbol.
A súa irmá, Xaínza xoga ao fútbol federado e na casa pásase
moito tempo dando patadas a un balón, mentres que o Xián, na casa,
ese tempo dedícao a dar golpes a varias billardas que ten pola eira
adiante. Daquela, calquera actividade deportiva pode ser transmitida
e prender en calquera corazón infantil. O gusto por un deporte
determinado depende moito dos estímulos familiares e, por suposto,
doutros factores sociais. En definitiva, o Raio Verde de Rexenxo, o
Xián, ten a billarda enraizada na alma e iso vaino levar o resto da
súa vida con el. E o exemplo de Xián esténdese a Nerea, a Naia, a Nanuq, a Aki, a
Alexis, a Hugo, a Ainhoa, a Óscar Caldas, a Martín Castro, a
Martiño, a Abel Ponte, a Miguel Cancela, a Marta, a Iago, a Marc, a
Óscar García, Manu Caldeiro, … tantas nenas e nenos que están
respirando a LNB. Dentro delas e deles está a semente que fará
seguir viva a billarda.
NAIA ARMADIÑA

NANUQ RINOCERONTE

NEREA ARMADIÑA

SUSO GHARABOTO

BANCADAS

BANCO DE SUPLENTES

FINALISTAS PIRU-BEGO-MARTÍN-ÁLVARO
LU LÚA DE FORZA

RINO DE FORZA
LUÍS CAMIÑA e FARI non se explican como Lúa de Forza lles pasou por enriba.

Manu, Lau, Elena Sabarís ARMADIÑA Bego CORREDOIRAS

CONFERENCIA NOROESTE

    Vitoria sorprendente, pero non inesperada, xa que, o internacional de MAC, Berdillo, é un afamado palanador. O xogador de Cerceda e célebre por ter un dos golpes máis demoledores da LNB, o alcumado BERDILLAZO. Sobre a pista de Leborís foi paciente e esperou que alguén parara ao impetuoso antebrazo de Collazo (7 varados en 10 carreiras) e situouse na final sen desguedellarse. Polas outras partes do cadro de cruces chegaron á final Juan Carlos e Eladio. Si, está ben escrito, Eladio Varela. A sorpresa da mañá foi a súa actuación. De todos os xeitos, é fácil entender o rendemento de Varela se valoramos o efecto destrutivo que exerceu sobre os seus rivais o novo traxe que tivo o honor de estrear en Leborís. Era a equipación que o equipo Campo da Feira tiña pensado usar nos desprazamentos en tren, avión ou barco, mais, despois do visto en Leborís, están reflexionando se utilizalo tamén nas xornadas de liga, visto que os rivais van caendo ante o brillo do zapato castellano. Ademais, estaba combinado cun pantalón texano, camisa a cadros e xersei con cremalleira no colo para airear o pescozo. Fantástica elección do estilista de Campo da Feira. 
      Puntuacións elevadisimas as conseguidas no pavillón de Leborís. Case a mitade dos participantes chegaron aos 20 ptos ou máis. Houbo varios beneficiados nesta superficie rápida. O primeiro foi Berdillo, pois, ademais de ganar a xornada, os puntos conseguidos sitúano a 20 ptos da última praza de finalista LNB. Cousa que lle supón entrar na loita por esas prazas, algo impensable hai dúas xornadas. Outro beneficiado foi Edu, quen desbancou a Lito Pena da terceira praza do podio. O elegante Eladio Varela foi o terceiro beneficiado, pois agora, tamén entra na loita por sacar billete para viaxar ás finais de Compostela. “unha vez que merquei o traxe terei que viaxar para lucilo, ouh?“, estas foron as súas palabras nada máis baixar do podio. 
      Roi e Xulio mantiveron o tipo e conservan as posicións privilexiadas que tiñan antes da xornada. Kevin xa está a unha distancia perigosa do último posto de finalista (10 ptos). O talentoso xogador de APB deberá superar a ausencia da xornada anterior con boas actuacións futuras para asegurarse esa praza. Gándara e Fontán continúan na beira do precipicio. 
       

Eladio, coa nova equipación de viaxe de Campo da Feira.
(zapato castellano, texano, camisa a cadros e xersei de cremalleira no colo)
Abel Ponte

Anxo Añón

Iria

Cotelo

Roi Rei

Edu “A Araña de Paisaco”

Cruz

Gándara

Xulio Ponte

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome