A LNB comeza a súa temporada de verán

0
113
       Rematou a temporada 2017-2018 LNB e xa está aquí a pretemporada 2018-2019. Este vindeiro sábado, no X Encontro de Xogos Tradicionais de Muimenta, a modalidade de billarda que se xoga na LNB estará presente. Este evento de referencia a nivel galego ten por obxectivo poñer en valor a riqueza do noso patrimonio lúdico. Deste xeito, ademais do aberto de billarda, Daniel Rodríguez Saavedra como representante da LNB, participará nunha mesa redonda sobre o xogo tradicional na actualidade. A súa achega será coa ponencia a deportivización e espectacularización do xogo tradicional. Daniel xoga desde o 2007 na LNB, e coñece moi ben as orixes desta aventura marabillosa. 

        Daniel é un dos máis laureados xogadores da LNB, pero, sobre todo, é unha das persoa que máis quilómetros recorreu co fin de recuperar a práctica deste xogo tradicional. A intención inicial da pioneira A.D.C O Varal foi recuperar este xogo e dotalo de certas características que lle permitisen ser actractivo, dinámico e espectacular. Así, naceu o regulamento LNB, as dimensións dos campos de xogo, as medidas do material de xogo e o sistema de competición. Un grande acerto que permitiu que o número de practicantes aumentara e que este xeito de xogar se expandira por todo o territorio galaico. Tamén, é certo que se Obelix vai acudir ao encontro de xogos tradicionais de Muimenta non lle pode faltar a compañía do seu inseparable Axterix da billarda.
        

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome