Finais LNB 2018. Clasificad@s e análise.

0
129

A FINAL LNB 2018 está preparada. Xogadores e xogadoras de billarda pasan as últimas 70 horas antes da festa Nacional da Billarda sacando lustre ás billardas e forrando os paláns. Os protagonistas e as protagonistas están dispostos a que os seus nomes aparezan nos textos que se gardan nos arquivos do Alboio da Fama (ALFA) da LNB. Mais, non chega con estar dispostas, estar dispostos, ademais hai que acertar co varal nos golpes decisivos. Deste xeito, os elixidos son estes, as elixidas son estas.

       

      A categoría de equipos é unha das finais máis espectaculares para presenciar, xa que se enfrontan nunha única fase de grupos un xogador/a de cada un dos oito equipos finalistas. Isto significa que o grupo 1 estará formado polos xogadores que mellor clasificados quedaron de cada un dos equipos finalistas. o grupo 2 estará formada pol@s segund@s mellor clasificad@s de cada un dos equipos finalistas e así sucesivamente ata un total de 6 xogador@s por equipo.
     Temos as aliñacións confirmadas polos adestradores dos equipos. Salvo baixas de último momento estes serán os sextetos iniciais.

       Son grupos con palanadores dun nivel moi similar en cada un deles. Deste xeito, a emoción en cada un deles é máxima. O mínimo erro pode supoñer un 0, e con iso evitar que o equipo suba ao mais alto cume do podio. Ademais, este ano haberá un marcador simultáneo no cal se poderá seguir o desenvolvemento das puntuacións despois de cada carreira xogada. 
Hoxe analizamos a Categoría Infantil polo miúdo. Esta competición será a que abra a xornada Final LNB 2018. Ás 11h. comezarán as 5 carreiras que decidirán que será o campión ou campioa infantil LNB 2018. Estes son os participantes.

       Este ano será a de maior participación e ademais todas as conferencias presentan a máis dun representante. Tamén, será a final máis competida, xa que, ademais de Juanma e Adriana, que xa saben o que é ser Campión Nacional, súmanse outros xogadores de menor idade, pero dun talento impresionante. Manu Caldeiro foi o campión da Conferencia Norleste, Abel Ponte da Conferencia Noroeste e Juanma da Conferencia Rías Baixas e están en todas as quinibillardas como sólidos candidatos ao título, ao mesmo tempo que Adriana, vixente campioa da categoría. Vemos a Manu Caldeiro de Remourelle Bulls como está sendo coidado polo seu equipo, pois é o único representante desta franquicia histórica da LNB que acudirá a Compostela.
       Todos os prognósticos apuntan a Juanma Camiña de Lúa de Forza como o claro favorito. Non obstante, os resultados da billarda teñen difícil explicación en algúns momentos, polo tanto, incluiremos entre os candidatos á parella de palanadores de Campo da Feira, Abel e Marc e a José María de Billardeiros Musicais, pois o rapaz de Ribadeo ten sangue de palanador correndo polas súas veas (familia do noso Franco). Despois, estarían Óscar Caldas e Ainhoa de Armadiña, que se teñen unha mañá afortunada poden optar a estar no podio. Os demais son aínda demasiado cativos e cativas como para sorprender aos maiores. O que si está garantido é a espectacularidade desta Final. A mellor de todos os tempos pola calidade dos xogadores e xogadoras. 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome