A COPA CANTÁBRICA 2019 É NOSA

0
468
SACHAS e HEVIA

 

O recibemento por parte de nosos irmáns asturianus foi magnífico. Ademais, Javier Hevia sabía perfectammente a quen tiña que encher de sidra. Os feitos demostraron que Sachiñas foi preparado para aguantar o chaparrón  de zume de mazás sen mollarse.

FELIX
FLORES

Comezou a competición do Encastrau e a Auténtica non deixou castro por conquistar, baixo a maxistral dirección de Manolito Flores. O de San Miguel soubo  permanecer en silencio durante 12 meses dixerindo a derrota do ano pasado. Soportou as críticas sen subir o ton nin conxugar un verbo malsoante. Estaba tan seguro da súa selección e do seu método que non lle tremeu a man cando non escribiu os nomes de Noé e Toño, entre os elixidos e elexidas. Os de Troitas foron os causantes principais da derrota do ano 2018, segundo os analistas especializados en encastrau.

Pola tarde, xogouse o Pitu Caleya, baixo a modalidade LNB de Billarda. Aquí, non había dúbida que os palandores e palanadoras galegos eran os claros e únicos favoritos.

FINALISTAS NAVALLO SACHAS DANIEL XERMÁN
1- SACHAS 2-DANIEL

Esta é a crónica que nos chegou do enviado especial a castrillón SaSa…

Acabouse en Piedras Blancas o do Pitu Caleya. Entre os catro primeiros clasificados houbo dúas Troitas, Navallo máis eu. Navallo quedou cuarto, Xermán terceiro. A final xogámola Daniel e máis eu. O campión foi Sachinhas. O premio era un Pitu Caleya ou un coello, eu como o ano pasado ganara un coello e tíñao alí moi solín, preferín mellor levar unha conexiña, para que teña unha vida máis agradable o conexo. Iso é o que deu a tarde. Pola mañá, gañamos a Galiza e pola tarde as Troitas. Billarda sempre!

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome