A 5 días da FinaLNB 2019

0
169

         

    Xa temos imaxes do material que os equipos están preparando para levar ata o Castiñeiriño o domingo 26 de maio. Hai equipos que optan por ferramentas tradicionais e outros que se arriscan cos tornos mecánicos, máis xenerosos co consumo eléctrico. Estase tendo moito coidado coas medidas de billardas e paláns, pois este ano haberá observadores internacionais que supervisarán o material antes do comezo da competición. Estas expertas e expertos proveñen da Federación Eslovena de Pandolo e chegarán coa intención de unificar regulamento e medidas para unha futura Competición Europea. 


      
    Por outra banda, os equipos non queren confirmar aínda as súas aliñacións para o domingo. De todos os xeitos, nós elaboramos uns probables grupos, sempre tendo en conta as clasificacións finais de Conferencia e considerando que pode haber algunha modificación por baixas de última hora. A verdade, non hai outra ocasión como a FinaLNB da Categoría de Equipos para ver competir no mesmo grupo a tanto virtuoso e virtuosa da billarda, xa que, nas categorías individuais os sorteos son caprichosos e forman grupos dispares e, en certas ocasións, desequilibrados. Nesta final, os grupos están formados por palanad@s dun nivel moi parello (sempre que non falte ninguén d@s titulares dos equipos e haxa que botar man de sustitut@s), polo tanto, o espectáculo será soberbio. 
      Sistema de competición 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome