A actividade deportiva de Billarda trasládase á provincia de OURENSE

0
208

Rematou o Aberto de Manzaneda e xa temos a semana chea de novos torneos na provincia de Ourense, onde se centra a actividade billardeira de agosto. Mañá será en Allariz coa celebración do histórico e decano dos torneos de billarda do país, pois, segundo recolle Lito Prado, do CCP XAQUÍN LORENZO, na súa proposta pedagóxica: A Billarda, este torneo de billarda vencellado á Festa da Empanada naceu no 1976. O venres en San Xoán de Río xogarase outro torneo mítico da Terra de Trives.

 

 

O Aberto de Manzaneda tivo a presenza de xogadores da LNB, e un deles fixo de reporteiro para BIGAL. Enviounos unha crónica chea de sensibilidade e emoción. Certo que o estilo narrativo non é tan refinado e pulcro como o do outro corresponsal de BIGAL en Terra de Bergantiños. Non obstante, Landras, nunha linguaxe chea de redundancias e repeticións, pausas respiratorias e tics instrumentais, consegue achegarnos a ilusión e alegría de quen descubriu o mundo da LNB hai pouco tempo e sente a billarda como unha manifestación preternatural do xorne galego.

 

Ademais, tróuxonos imaxes magníficas do xogo espectacular da Marea Verde de Manzaneda. Temos foto de cada un e cada unha das participantes (19, 6 mulleres e 13 homes).

Este foi o PODIO do Aberto, dominado pola Marea Verde

1- SARA 2-XAN 3-PABLO

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome