A BILLARDA REXUVENECE

0
391

A recomendación da prestixiosa USC, departamento de xerontoloxía, da Facultade de Medicina, de practicar algún deporte ou actividade física para mellorar o estado físico e mental, quedou asoballada polos resultados do ensaio en humanos da práctica da billarda.

Os efectos da práctica continuada da billarda produce… mellor, contemplade estas imaxes que temos sobre este experimento piloto realizado nas Rías Baixas e que tamén se está realizando nas Conferencias Norleste e Noroeste da LNB.

ALBINO CANEDA de Lúa de Forza, afirma que desde que practica billarda recuperou as ganas de vivir e incluso mellorou nas súas relacións íntimas.

 

A Carolo xa lle preguntaron varias veces por que a súa irmá, Lu Torres, non subía ao podio da Categoría Infantil. Carolo, co rigor que o caracteriza, contesta sempre que Lu xa cumpriu os 15 anos en xullo pasado.

 

Casilda, Manolo Fariña e Ana de Gharaboto desde que practican billarda perderon a oportunidade de visitar varios lugares da xeografía estatal, pois, xa non os admiten nas viaxes do IMSERSO.

 

Rosana e Chefa están tramitando a documentación para solicitar a tan coñecida bolsa de estudos ERASMUS, ademais do carné xove, que permite ter bastantes descontos na entrada e nas consumicións de lugares de ocio nocturno.

 

Benito, Ricar e Lito recibiron varias ofertas da marca téxtil XARA para ser modelos no lanzamento da súa roupa de faena agrícola e gandeira.

 

Que dicir do podio da categoría biberón feminina. Belmira, Elena Glez e Bego Ríos xa están no seu último ano na categoría.

 

Onde podemos apreciar perfectamente os efectos da práctica da billarda no ser humano é en Ricardo Lois e Xan. O primeiro que se percibe é un aumento na musculatura dos brazos e unha tendencia cara ao fortalecemento pectoral.

Para rematar, as conclusións da investigación son rotundas e claras, a práctica da billarda mellora a condición física e a mental de xogadoras e xogadores. Por enriba, é máis barato que usar faixas e dietas vexetais insulsas, insubstanciais e insípidas.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome