A billarda regresa do entroido con apetito

0
350

Foron varias semanas de Entroido, filloas, orellas e transformismo. Así, os brazos estrañan o peso do palán e os sentidos o son da madeira. As recomendacións da Organización Mundial da Saúde son lavar ben as camisetas, poñer máscara de … entroido e dirixirse a Mondoñedo o sábado 7 de marzo. Desta vez, non será a Alameda dos Remedios a que acollerá o máis florido da billarda do país, senón o campo de fútbol Viñas da Veiga. Esta decisión non foi fácil de adoptar, pois a Alameda de Mondoñedo é un lugar simbólico e moi visible para esta práctica deportiva. Non obstante, a media de participación desta temporada, próxima a 70 persoas, aconsellou buscar un lugar que posibilitase facer 3 ou 4 campos. Ademais, sabemos que un equipo da chaira estivo facendo bastante presión social para forzar o uso dunha superficie máis favorable para os seus intereses… xa vos podedes imaxinar que equipo é.

 

 

 

 

O domingo veremos se por fin se pode xogar no campo da Balastreira, lugar no que nunca se xogou por climatoloxía adversa, en temporadas anteriores. A xornada 13 do Noroeste vai ter o atractivo de ser previa ao gran día das Estrelas da Billarda do 21 de marzo en Carballo. Sabemos que a LNB NOR está centrada na organización do Día das Estrelas da Billarda 2020, que se disputará en Razo, Carballo e queren teñen como referencia a organización da temporada pasada na Pontenova. Iremos informando nas vindeiras semanas. PROTOTIPO

O que si podemos adiantar é o menú da comida de confraternidade.

 

1º-Callos
2º-Churrasco mixto con crioulo e ensalada
Sobremesa- café e chupitos
Viño mencía (Tapias D.O. Monterrei)
Prezo 16 euros (nen@s menores de once anos, 10 euros)

(Pódese confirmar a comida ata o sábado 14 marzo a través dos whatsapp de grupo de cada Conferencia)

 

Tamén, temos o cartel das Estrelas. Con relación ao cartel, confirmar que durante os concursos e o Aberto non é obrigatorio golpear ao xeito Araña, aínda que no cartel se vexa esta técnica de golpeo en todos os palanadores. Desta vez, vanse permitir outros sistemas de posición corporal, mesmo que estea demostrado que son menos eficaces que o prototipo ARAÑA.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome