9ª xornada NORLESTE Mondoñedo “AUUUUVARIÑO”

0
122

    Sobre as baldosas da alameda dos Remedios de Mondoñedo “AUUUUVARIÑO” foi o pasteleiro maior do reino. Completou unha xornada perfecta, pois conseguiu o pleno de puntos (25). Ademais, conseguiunos nun grupo dos considerados da morte, xa que estaban con el Markytos (tricampión nacional), Manu Pozo (2º da xeral) e Pepe Outeiro (5º da xeral). Magníficas as prestacións do Pasteleiro da Terra Chá.

        Os Billardeiros musicais ganou por terceira xornada consecutiva e semella que volverá a conseguir o título. Carabullo afianzase na praza de Final Nacional, mentres que Troitas Bravas, por fin dou o sorpaso. Agora é o equipo Chairego de Castro de Rei, Chaínzos-Cadaval, quen está fóra das prazas de finalista, mais tan só a unha distancia de 3 puntos do equipo da Pontenova. Faltan tres xornadas e pensamos que o posto que vai estar en cuestión ata o final será o terceiro. 

CLASIFICACIÓN da 9ª xornada

BILLARDEIROS MUSICAIS RIBADEO 88
CARABULLO PONTE DE OUTEIRO 83
TROITAS BRAVAS A PONTENOVA 81
CHAÍNZOS-CADAVAL CASTRO DE REI 69
BILLARDA VERDE CASTROVERDE 48
EKIPA-BÍTERE LOURENZÁ 9
REMOURELLE BULLS BARREIROS
POLKA MISERIA POL

     

CLASIFICACIÓN despois de 9 xornadas

BILLARDEIROS MUSICAIS RIBADEO 730
CARABULLO PONTE DE OUTEIRO 706
TROITAS BRAVAS A PONTENOVA 680
CHAÍNZOS-CADAVAL CASTRO DE REI 677
REMOURELLE BULLS BARREIROS 458
BILLARDA VERDE CASTROVERDE 307
POLKA MISERIA POL 138
EKIPA-BÍTERE LOURENZÁ 91

      Na Categoría Individual absoluta, Charli continúa firme no seu empeño de revalidar título. Pensamos que os xogadores que teñen opcións serias de disputarlle a primeira praza ao de Ponte de Outeiro son Manu Pozo e Daniel. Os demais xa están a moita distancia, sobre todo, considerando que as diferenzas de puntos en cada xornada, entre os primeiros clasificados, apenas son de 5 puntos no mellor dos casos. Daquela, a falta de 3 xornadas o título está moi complicado para os Billardeiros, aínda que na Billarda todo é posible. 
       As prazas de Final Nacional, que a día de hoxe serían 14 para a conferencia Norleste, 9 para a Noroeste e 23 para a Rías Baixas (as prazas calcúlanse a partir das porcentaxes de participación en cada Conferencia).
FINAL NACIONAL 2018 INDIVIDUAL ABSOLUTA
PRAZAS
CONFERENCIAS 46
ABERTO DAS ESTRELAS 1
COROCEIRO 2017 1
PRAZAS FINAL NACIONAL 48
TOTAL
  
       As porcentaxes de participación van variando segundo o número de persoas que xogan en cada xornada. Os números actuais son os seguintes (non se contan xogadores e xogadoras que participan, pero pertencen a outra Conferencia).
NOL NOR RIA
9 XOR 9 XOR 11 XOR total
PARTICIPACIÓN MEDIA 49 32 81 162
PORCENTAXE 30% 20% 50% 100%
PRAZAS FINAL NACIONAL 14 9 23 46
      
       Entón, a día de hoxe Geni obtería praza para a Final Nacional Individual Absoluta. Pensamos que Cortón e Jorge terían posibilidades aínda de alcanzar as prazas. Noé, Pepe Vidal e Coedo están en zona de perigo, pois están a menos de 10 puntos da zona fóra de Final Nacional. Cada golpe, cada chimpo, cada voo de billarda será determinante, igual que a superficie de xogo. 
        Haberá palanadores FAFOR (palanadores de FAma e FORtuna que se deixan incentivar para ir xogar a outra Conferencia diferente da súa de pertenza e así inflúen nos resultados) nas xornadas da Norleste?   Veremos como se desenvolven os acontecementos. De todos os xeitos, o Comité de Ética da LNB está preparado para actuar, se fixese falta, e garantir o xogo limpo e sen pecado.
1 CHARLI CAR 192
2 MANU POZO BIL 181
3 DANIEL BIL 181
4 REGUEIRO TRA 175
5 PEPE OUTEIRO CHA 165
6 RUBÉN CHA 163
7 SACHAS TRA 162
8 DAVID NAVALLO TRA 162
9 MARKYTOS BIL 161
9 ALVARIÑO CAR 157
10 SANTI CAR 157
11 NOE TRA 153
12 PEPE VIDAL CHA 150
13 COEDO BIL 149
14 GENI BIL 148
CORTÓN CHA 144
JORGE REM 138
LUÍS ARES CHA 132
ISMA CAR 129

    

     

      O internacional Isma, quen está fóra debido a que faltou unha xornada e agora bota en falta eses puntos que non sumou. Non obstante, o internacional de Ponte de Outeiro está facendo certas xestións para conseguir 2 prazas de convidado para a Final Nacional 2018. O seu argumento é moi sólido. Afirma que non se entendería que os dous internacionais da Conferencia Norleste non disputasen a Coroza 2018, tendo en conta que os outros dous internacionais LNB, que pertencen á Conferencia Rías Baixas, están tendo un trato de favor por parte do resto dos competidores. Estes dous xogadores das Rías Baixas practicamente teñen asegurada a súa participación na Final Nacional a estas alturas de temporada.

FLORES Seleccionador LNB

         Os casos de Isma e Iván Alonso, dous palanadores que defenderon as cores galegas no Torneo Internacional de Pandolo (Slovenija, 2017, xullo), están sendo estudados por estamentos internacionais da Billarda-Pandolo-Lipa-Zturca. “Non pode ser que na conferencia Rías Baixas traten con honores aos seus internacionais e aquí teñamos tan pouca memoria cos nos heroes”, afirmaba Flores (Seleccionador LNB). Certo é que os internacionais das Rías Baixas están practicamente clasificados para a Final Nacional 2018 e iso que faltan 7 xornadas. A indignación do Seleccionador Nacional está motivada e fundamentada na lei universal da reciprocidade, se ti me ofreces algo eu terei que corresponder dándoche algo.Os bravos palanadores da Norleste precisan que os seus esforzos pasados sexan recoñecidos agora. Isma e Iván deben participar na Final Nacional ou a LNB non tería sentimentos, e se non ten sentimentos, eu non sei que fago aquí”. Así remataba Flores a súas manifestacións. Interpretando as súas sentidas palabras entendemos que poñería o seu cargo a disposición da LNB se non se fai algo para que os internacionais estean en Compostela a finais de maio.

   #salvemosaosinternacionaisdalnb
Imaxes do Torneo Internacional no que participou a LNB (2017 XULLO Slovenija)

      Xa se iniciou unha campaña popular para conseguir que Isma e Iván Alonso poidan acudir á Final Nacional 2018 como convidados. #salvemosaosinternacionaisdalnb

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome