9 xor LNB NOL Riotorto Resultados

0
255

 

A herba é territorio Carabullo. De novo ganou o equipo de Ponte de Outeiro e sitúase líder despois de 9 xornadas. O ano pasado Carabullo estivo durante moita parte das xornadas de líder e perdeu na última xornada o Título en favor de BMU. Pois ben, esta temporada trocou a estratexia.  Segundo equipo foi Billardeiros Musicais e terceiro Chaínzos-Cadaval. En Categoría Individual Absoluta Charly ganou e deu un golpe de timón para poñer rumbo a un novo título. Regueiro que se covertiu en centenario da LNB nesta xornada de Riotorto sufriu o síndrome do centenariazo e tivo unha mala puntuación para defender a primeira posición. Agora está segundo a 5 ptos de Charly. Markytos foi segundo e Seixas terceiro. En Feminina ganou Geni por diante de Paula e de Lorena. En Infantil foi primeiro Marcos, segunda foi Aroa e terceiro Diego.

Agora as clasificacións quedan deste xeito.

PODIOS
GENI BMU
MARKYTOS BMU
MARÉ MAD
SEIXAS BVE
REGUEIRO TRA
CHOUSA CAR
CARABULLO Ponte de Outeiro-Castro de Rei
Ao final do Aberto houbo uns pinchos para tod@s participantes.

Organización magnífica nun ambiente festivo e gastronómico. Sachas estivo sublime na ceremonia protocolaria de entrega de premios. Armado cun micro inalámbrico foi agradecendo a colaboración do Concello e dos Ferreiros de Riotorto e chamando aos premiad@s. Non obstante, podemos confirmar que Sachas, ademais de ser o único riotortés que prefire a madeira por enriba do ferro, é o único locutor, que se saiba, que é quen de rematar de falar menos afónico que cando empezou a falar polo micro. Cousas do Sachas.

 

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome