Home Actualidade CAMPO DA FEIRA e APB representarán ao Noroeste na FinaLNB 2020

CAMPO DA FEIRA e APB representarán ao Noroeste na FinaLNB 2020

0
CAMPO DA FEIRA e APB representarán ao Noroeste na FinaLNB 2020

Soandres foi escenario da última xornada da LNB NOR. Collazo ganou en Absoluta, Lu en feminina e Miklos en infantil. Campo da Feira ganou en equipos. O que estaba en xogo decidiuse na última carreira da fase de grupos e na primeira eliminatoria de cruces. Isto é as dúas prazas de finalista individual absoluta. Finalmente, foron Edu e Xulio Ponte quen obtiveron billete para a FinaLNB 2020. Añón, sen participar na xornada, mantivo a oitava posición… que sortilexios estaría facendo en Mondariz Balneario o alquimista Ambroa para que fallaran tanto Enrique, Gándara e Viqueira a escasos metros do varal?

Durante a semana que vén analizaremos en detalle as clasificacións finais. Nesta xornada final BIGAL fixo un esforzo loxístico e tivo varias cámaras individualizadas para seguir os golpes decisivos. Landras Kubrick conseguiu uns planos sensacionais. Para mostra do material que iremos editando posteriormente deixamos estas imaxes.

 

Podios da xornada 18 LNB NOR de Soandres.

 

Así quedan as prazas de finalista.

Así quedaron os Podios de honor da LNB NOROESTE 2019-2020

 

Algunha foto soberbia.

 

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here