6ª XORNADA CONFERENCIA NOROESTE

0
166
PARTICIPACIÓN
28

3 MULLERES
25 HOMES

A Conferencia Noroeste está revitalizada. Nesta xornada de Paiosaco, 3 criaturas menores de 12 anos xogaron e divertíronse.
RESULTADOS
CATEGORIA ABSOLUTA do EQUIPO
XAN RODIÑO LÚA DE FORZA SANXENXO
JUAN CARLOS CAMPO DA FEIRA PAIOSACO
COLLAZO CAMPO DA FEIRA PAIOSACO
CATEGORÍA EQUIPOS
CAMPO DA FEIRA PAIOSACO
FILLOAS DE SANGUE A CORUÑA
COCHIKEIROS CERCEDA

Chegounos a crónica do noso corresponsanl “XR menos sete”, enviado a Paiosaco para ser testemuña do gran traballo de fomento e divulgación que están facendo os nosos compañeiros e irmáns da Conferencia Noroeste da Billarda no seu formato LNB. 
    “Unha mañá de esplendor solar no terruño de Paiosaco. Algún que outro raposo aínda non sacara a bufanda, pero coa subida do termómetro non tiveron máis remedio que deixar a pel ao descuberto. Ata un total de 28 persoas anotáronse para disputar a 6ª xornada de competición. Salientar que cinco palanadores e unha palanadora xogaron por vez primeira. Era xente de Paiosaco. Tamén, algo extraordinario, e que asegura o futuro da billarda nas terras do Noroeste, foi que dous nenos Martín Calviño e Oscar Cambón debutaron na LNB e prometeron non abandonar. 
   As súas familias están programando xa a viaxe a Compostela o último domingo de maio para medir forzas cos cativos e cativas das Rías Baixas. O xogo estivo condicionado pola presenza de pedregullos entre a terra caliza de Paiosaco. Ademais, os varais orientados ao leste eran obxectivo dos raios do sol e quen non levou pucha, boina ou viseira pasouno mal á hora de golpear. 
   Despois, de dúas horas de xogo os competidores decidiron que na final deberían estar un novel, Juan Carlos que sorprendeu a Collazo nas semifinais, e un Top Dez da LNB, Xan Rodiño. Os pronósticos cumpríronse e Juan Carlos subiuse ao segundo chanzo do podio, sendo a súa cuarta xornada nada máis, mentres Xan ocupou o primeiro posto, quedando terceiro outro Top Dez, Collazo, actual Subcampión Nacional.”
   
XOGADORES/AS LNB
NOL NOR RIA
5 XOR 6 XOR 8 XOR TOTAL
89 46 151 286
   Despois desta xornada o Noroeste xa aporta 46 xogadores/as á LNB

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome