5 xor RÍAS BAIXAS, Marín, 19 out 2019.

0
452

A xornada de Marín está destinada a celebrarse no pavillón do CEIP A Laxe, xa que, o equipo local Gharaboto, despois de analizar os resultados da última xornada de Xil, na que resultou ganador por equipos, decidiu ofrecer misas e cirios a Santa Tronada. Deste xeito, a borrasca é suficiente razón para elixir un terreo de xogo de dimensións reducidas, coma o de Xil. Por outra beira, o equipo campión LNB leva tempo preparando esta xornada na que xoga como local, e para que non se lle escape o triunfo, estase adestrando a conciencia. As xogadoras e xogadores de Gharaboto están durmindo en cámaras frigoríficas toda esta semana, iso si, ben abrigados con mantas eléctricas.

 

 

Ademais, o equipo de Marín amañou unha superficie de xogo escorregadiza e un ambiente baixo cero para que billardas e xogador@s teñan dificultades de equilibrio, pois,  como di o seu delegado, Luís Camiña, “Hai que ter moito sangue frío para golpear a billarda en pavillón e que esta vaia recta“.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome