3×3 na Coruña igual a 77 en Reinante

0
455

O 3×3 da Coruña foi un éxito extraordinario. Esta foi unha grandiosa oportunidade para visibilizar unha práctica deportiva como a billarda que non ten a consideración de deporte que xa ten a Petanca e a Chave, pero ten alma e músculo asociativo.  Centos de persoas espalladas polo territorio galego cada fin de semana xúntanse para practicar billarda e manter vivo un xeito de organizar o lecer. Sen ir máis lonxe, á mesma hora na que se celebrou o 3×3 na Coruña, 77 persoas xuntáronse en Reinante, parroquia de Barreiros, concello da Mariña de Lugo, na sexta xornada da LNB NORLESTE, establecendo unha marca histórica de participación no Norte de Galicia. Magnífico traballo dos compañeiros e compañeiras da LNB NOROESTE para visibilizar a billarda na capital da provincia da Coruña e excelente esforzo de expansión das compañeiras e compañeiros da LNB NORLESTE que non poñen límites ao seu crecemento. Parabéns a tod@s, e adiante co varal.

1- JUANCAR
2-GANDARA
3-XULIO
4-BERDI

Imaxes espectaculares de xogadores e xogadoras de billarda.

TOÑO
MERCHE

 

XULIO PONTE
JULIO VILAS

 

Na prensa

 

A uns cento cincuenta quilómetros da Coruña, en San Miguel de Reinante, congregáronse 77 persoas, algo nunca visto no Norleste e que significa que se está producindo un “Boom” demográfico na provincia de Lugo. Os datos de participación son os mellores da historia da Conferencia Mai. Ademais, a participación feminina estableceu a súa mellor marca de participación histórica con 21 mulleres, fantástico. E o máis sorprendente e que nos enche de gozo e satisfacción, xogaron 7 cativos, xenial. En fin, parabéns compañeir@s por este magnífico labor de divulgación e fomento da billarda. Billarda sempre!

 

MARTIN        TROITAS BRAVAS

 

MARCOS          TROITAS BRAVAS

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome