3ª xor LNB NORLESTE TRABADA 2019-10-26

0
612

A Cadeira é un dos lugares sagrados para a billarda. Lévase xogando neste alto de Trabada desde os comezos da LNB. Unha particularidade deste Aberto é a súa incompatibilidade co bo tempo, cousa que o fai un dos torneos máis atractivos. Desta vez, semella que se poderá xogar baixo as nubes, aínda que os integrantes de Carabullo están poñendo candeas á Virxe da Portería para que teña a ben guindar unhas pingas asasinas sobre A Cadeira. Por que? Pois, porque ao equipo da Terra Chá foille moi ben xogar no pavillón de Trabada a temporada pasada, e ademais, están fóra dos postos de FinaLNB 2020.

Na categoría individual, Markytos está ocupando os soños dos palanadores da Terra Chá, quen están conspirando para asaltar o liderado que ocupa o tricampión LNB.

 

 

 

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome