16 xor LNB RÍAS BAIXAS. Corredoiras regresou da súa xira polo Xapón e o PIRUCHAZO volveu a surcar os aires

0
257

Salcedo sentenciou ďe maneira realista o título de Equipos e o Feminino, ainda que non matemático. O título Infantil xa ten dono, Hugo de Gharaboto, e o Absoluto queda para a penúltima xornada do vindeiro sábado en Soutomaior, pois cunha vantaxe de Ricar sobre Piru de 23 ptos, o xogador de Corredoiras pode sentenciar o titulo.

Piru ganou a xornada, en Feminas foi primeira Bego e en Infantil Antía. Por equipos, Corredoiras cabalgou por enriba da terra desértica de Salcedo como cabalo desbocado. Charri continúa a súa progresión e despois de facer pleno de ptos na fase de grupos, xa está cuarto na xeral. José Maniel, o Látego de Sar, subiu ao podio por vez primeira nunha xornada LNB. Landras, O Filloa sen sangue, quen mostrou grandes golpes de saída e grandes erros na chegada, competiu co seu orixinal octopalán. O nivel de dificultade do terreo desértico (1 mes sen probar pinga de auga) notouse no grupo C. De 7 participantes, 5 quedaron con 0 ptos ao finalizar as 5 carreiras, algo inédito na historia da LNB. Volveu o Piruchazo a voar sobre o ceo das Rías Baixas e a conquistar o varal.

 

Quedan así as clasificacións xerais.

 

Estas son as actas.

 

Aquí quedan algunhas deslumbrantes imaxes de deportistas galeg@s practicando billarda no campo de fútbol de Salcedo.

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome