13 xor LNB NOR CAMBRE… ARAÑA acala aos seus críticos

0
324

A mañá levantouse con sono e con poucas horas de descanso en Cambre, como lle sucedeu a Araña na Coruña…

A pista cuberta de Pravio estaba reservada para a práctica da billarda estilo araña… e Edu é un especialista nesta modalidade. Polo tanto, todo estaba predestinado para que triunfase o Home Araña de Peisaco.

 

 

Edu ganou A XORNADA por diante de Collazo e Añón, todos de Campo da Feira. Marisa foi primeira en Féminas, por diante de Lu, as dúas de Lúa de Forza, terceira foi Merche de APB. En Infantil foi primeiro Abel Ponte, por diante dos irmáns Varela, Marc e Lucas, os tres de Campo da Feira.

 

O podio coroou a Edu que volve ganar unha xornada despois de varias temporadas. Añón é outro desde que sufrira un terrible impacto dun palán na súa perna. Desde entón, todo foron boas novas no seu rendemento. Incluso está en posicións de finalista LNB 2020. Esta temporada está dentro das prazas que o clasificarían para acudir ás finais de Compostela, por vez primeira na súa traxectoria deportiva. Ata tal punto é eficaz o tratamento que el mesmo está aplicándose golpes de palán nas pernas antes de cada xornada. Nin vitaminas, nin anabolizantes, nin aminoácidos, golpe de palán… santo remedio !, dixo o bo de Añón.

 

As puntuacións foron elevadas, xa que, a superficie era de cemento e de dimensións de pavillón. Nestes campos rápidos sempre hai alguna sorpresa e moitas decepcións. Desta vez, foi APB quen sufriu un impacto inesperado contra o chan… contra o chan da clasificación da xornada, vaia, que o equipo da Laracha quedou último. Esta circunstancia unida á enorme actuación de MAC fixo que a xeral dera un xiro brusco. Campo da Feira ganou a xornada e continúa coa súa xeira de vitorias.

 

Agora as clasificacións xerais quedan deste xeito… os Títulos individuais semellan decididos. Xan Rodiño, Lu Torres e Abel Ponte serán campións, salvo infección de COVID-19. En equipos, o título xa hai xornadas que está decidido para Campo da Feira. A emoción vai estar nas prazas de finalista. Na individual, 5 postos están practicamente asegurados para Collazo, Lito Pena, Roi, Berdillo e Óscar Ponte. As outras 4 prazas son as que están abertas. Claro esta, con vantaxe para Cotelo, Abel, Viqueira e Añón. Non obstante, hai 4 grandes palanadores que os vixían de preto. Son Enrique, Edu, Xulio Ponte e Gándara. Na categoría de Equipos MAC distanciouse 18 ptos de APB e ponlle as cousas complicadas ao equipo sen santa.

 

Alguna fotografía espectacular

 

A humildade na vitoria é característica de seres excepcionais. Por outra beira, esta peculiar maneira de actual ás veces é mal entendida polos demais. Vemos, na imaxe de abaixo, como Edu despois de vencer clara e incontestablemente o primeiro que fai é acariñar agradecido as billardas que lle deron o triunfo. Mentres, os seus rivais de final nin sequera o felicitaron polo seu éxito… o único que se acercou ao de FEI foi Berdillo… acaso, estase xestando a incorporación de Araña a MAC para a vindeira temporada?

 

GOLPE GANADOR

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome