11ª XORNADA CONFERENCIA RÍAS BAIXAS 8-3-2014

0
95
PARTICIPACIÓN
69
MULLERES 
23
HOMES 
46 
 

Campo da festa de Figueirido (4 campos de 50 metros, asfalto)

1º- XAVI (GHA)
2º- XAN (LÚA)
3º- FILIPE (ZUM)
1º- INFANTIL ADRIÁN AGRASO (LÚA)
1ª FEMININA BEGOÑA (COR)

Ao finalizar a xornada houbo un xuntanza de equipos das conferencias SUR-RÍAS BAIXAS, onde se falaron
aspectos relacionados co PLAY OFF NACIONAL 2014. O que se falou aquí
será compartido co resto de conferencias LNB, na xuntanza do día 15
marzo durante o ALL STARS 2014, en Carballo.
ACTA
Xuntanza
conxunta equipos LNB das Conferencias
RÍAS
BAIXAS e SUR
En Figueirido, parroquia de Vilaboa,
provincia de Pontevedra, cando son as 19:00 horas do día 8 de marzo
de 2014
(Día
Internacional da Muller Traballadora e Billardeira
),
ven de celebrarse una xuntanza
conxunta de equipos LNB das Conferencias Sur e Rías Baixas, ós
efectos de consensuar propostas organizativas de cara a presentalas
nunha xuntanza de tódalas Conferencias a celebrar en Carballo (A
Coruña) o vindeiro sábado día 15 de marzo, con motivo do All Stars
2014
Equipos
representados:
  • GHARABOTO
  • LÚA
    DE FORZA
  • ZUME
    DE VIMBIA
  • CORREDOIRAS
  • RINOCERONTE
  • ANDARELA
  • VALPAÇOS
  • OS
    DE TORRES
  • CASELLEDÍN
Temas
a expoñer:
  1. Número
    de clasificados por conferencia para o play off nacional
  2. Posibilidade
    de establecer a categoría Infantil
  3. Outros
    que puideran xurdir
  1. NÚMERO DE CLASIFICADOS
    POR CONFERENCIA
Tendo en conta a grande diferenza que
existe de participantes nas distintas Conferencias, aínda que para
esta tempada teñen asignado un número igual de 12 clasificados,
estimamos que, sen minorar o mesmo, poderíase incrementar algunha
praza das Conferencias con máis participantes, deste xeito
chegaríase aos 80 palanadores na final.
A saber: 6 Conferencias (contando
Andalucía) con 12 representantes, serían 72, ós que habería que
engadir os 2 que acaden a clasificación a través do All Star, polo
que, deste xeito, serían 74. Logo quedarían 6 postos a cubrir a
maiores polas Conferencias con máis participantes.
Deberíase ter en conta a confirmación de
Andalucía que, se reduce o seu número de participantes, quedarían
máis vacantes a cubrir.
Proposta acadada por maioría.
  1. CATEGORÍA INFANTIL
Tamén por maioría disponse propoñer a
creación da categoría

Infantil
, cun número de
participantes a establecer. Esta categoría xogaría na xornada
matutina, entendendo que non retrasaría o normal desenvolvemento da
xornada, dado que ao contar con catro campos, poderíanse alternar
coa categoría Feminina, seguindo a xornada vespertina coa mesma
configuración.
  1. Outras propostas acadadas
    por maioría
  • Incremento do número de participantes
    da categoría Feminina
Dado o grande incremento da participación
feminina en algunhas Conferencias, proponse elevar o seu número a
6-7 por Conferencia (debendo establecerse o número definitivo dun
xeito proporcional tendo en conta a súa participación por
Conferencia)
  • Xogadores inactivos fichados
    para a final
Proponse que se estableza expresamente se
algún palanador que non tivese participación algunha durante a
tempada, pode ou non pode representar a un equipo na final nacional.
  • Alternativas ao lugar designado para o
    Play Off final
Aos efectos de facer máis participativas
a tódalas Conferencias, así como dunha meirande difusión da
billarda por tódolos recunchos de Galicia, entendemos que podería
establecerse que o Play Off final fose rotativo, facéndose cargo do
mesmo unha Conferencia por tempada, tanto a nivel organizativo como
de agasallos.
Sen mais, remátase o acto cando son as
20:00 horas.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome